Wikipedia:Guía/Rexistro

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

O rexistro dun nome de usuario é opcional, pero animámoste a facelo.

Calquera persoa pode contribuír na Wikipedia, e pode elixir se rexistrarse ou non. Porén, se posúes un nome de usuario rexistrado poderás acceder a máis funcionalidades do wiki. Estes son algúns dos motivos:

  • Unha conta de usuario dáche unha identidade, coa que os demais usuarios te recoñecerán. Se non te rexistras, as túas contribucións quedarán identificadas mediante o teu enderezo IP, e os enderezos IP non permiten unha identificación correcta. Se adoitas conectarte dende ordenadores en diferentes localizacións, terás diferentes enderezos IP en cada caso; mesmo desde un mesmo lugar poderías ter diferentes IP dependendo da conexión á internet. Tamén pode ser que o teu provedor de internet cambie o teu enderezo IP ao cabo dun tempo. Debido a isto, un nome de usuario é moito mellor para manter unha identidade na Wikipedia.
  • Dado que un mesmo enderezo IP pode ser usado por varios computadores, pode confundirse o teu enderezo IP co dun vándalo, de xeito que poderían reverterse as túas edicións lexítimas. No peor dos casos, poderías compartir o enderezo IP co dun usuario bloqueado, o que faría que non puideses editar na Wikipedia durante un tempo.
  • Os enderezos IP non teñen por que ser estáticos, e podería ser que ao cabo dun tempo o teu enderezo IP cambie.
  • Poderás vixiar páxinas e facer un seguimento delas grazas á lista de vixilancia.
  • Se escolles dar un enderezo de correo electrónico, os outros usuarios poderán pórse en contacto contigo por esta vía. Esta funcionalidade é anónima (os usuarios que che envíen correos non saberán o teu enderezo) e opcional.
  • Poderás mover páxinas.
  • Poderás participar nas votacións en canto acades os requirimentos mínimos.
  • Marcar unha edición como pequena.
  • Poderás establecer as túas preferencias e facer cousas como:
    • Usar os trebellos dispoñibles. Por exemplo, o revisor ortográfico e detector de homónimos.
    • Cambiar o número de páxinas mostradas nos cambios recentes.
    • Cambiar as fontes, as cores e o deseño do sitio usando diferentes aparencias.
    • Establecer o teu sexo (home ou muller) para que as mensaxes da interface da Wikipedia se amosen de acordo co teu sexo.
  • Tamén terás a túa páxina de usuario e a túa conversa de usuario.

Un usuario non rexistrado identifícase polo enderezo IP do seu computador, sendo este o identificador público que se gardará se realiza algunha contribución (e ao asinar os comentarios). O teu enderezo IP pódese usar para atopar información sobre ti, polo que o rexistro incrementa a protección dos teus datos persoais, agochándoos. Ademais, debido a que os enderezos IP cambian a miúdo, os usuarios non rexistrados téñeno máis difícil para gañar respecto e recoñecemento por parte dos demais usuarios. Isto implica unha maior dificultade para continuar conversas con eles xa que tamén varía a súa páxina de conversa.

Finalmente, só os usuarios rexistrados poden converterse en administradores. Se te rexistras, non esquezas o teu contrasinal ou o teu nome de usuario. Se es propenso a esquecer cousas deste tipo, asegúrate de inserir o teu enderezo de correo electrónico e confirmalo ao crear a conta para poderes solicitar un contrasinal novo se esqueces o teu actual.

Olla Wikipedia:Como rexistrarse para obter máis información.


Como rexistrarse

Para te rexistrares fai clic na ligazón de enriba ou preme sobre a ligazón "Rexistro" que hai no canto superior dereito de calquera páxina. Ten en conta que non poderás cambiar (facilmente) o teu nome de usuario unha vez que escollas un, así que elixe a eito!

Remata a guía cunha revisión e máis información