Wikipedia:Avisos de usuario

Atallo:
WP:AU

Os modelos de avisos de usuario colócanse nas páxinas de conversa para avisar un usuario do seu vandalismo, transmitíndollo mediante unha mensaxe estandarizada. Se o ton do contido dun dos modelos non é o axeitado, non empregues o devandito modelo: comunícallo normalmente.

O obxectivo dos avisos de usuario é guiar cara á boa fe a aqueles que fagan probas de edición e disuadir do abandono da mala fe aos vándalos. Tes que comprobar que o usuario fixo edicións daniñas desde o último aviso que se lle deu; cómpre dar ao usuario unha oportunidade de reaccionar e redimirse dos seus actos. Os bloqueos de usuario serven para previr a realización de máis vandalismos, non para castigar os usuarios. Se un usuario deixou de vandalizar hai tempo, e o seu historial de edicións non suxire un patrón de vandalismo crónico, non hai necesidade de o avisar ou de o bloquear; nestes casos, un modelo de benvida pode axudar en futuras visitas. Do mesmo xeito, se un usuario se atopa no medio dunha esmorga de vandalismo de mala fe obvio, non existe a necesidade de avisalo antes de bloquealo temporalmente.

Xeito de obrar editar

  • Este tipo de mensaxes deben ser sempre substituídas, engadindo a función "subst:" antes do nome do modelo, facendo que a mensaxe non cambie se alguén edita o modelo posteriormente.
  • Os avisos deben estar agrupados por seccións que indiquen a data do aviso.
  • Achega o nome e nivel do modelo que empregaches no resumo de edición, para que os outros saiban o que fixeches.

Avisos editar

Modelos con varios niveles editar

  • Nivel 1 – Asume boa fe. En xeral, inclúe un "Benvido á Wikipedia" ou algo semellante.
  • Nivel 2 – Non se asume nin boa nin mala fe; tan só é unha nota.
  • Nivel 3 – Asume mala fe; cese e desista. Polo xeral, inclúe un "Por favor, detéñase".
  • Nivel 4 – Asume mala fe; cese e desista decontado, último aviso.
  • Nivel X – Asume mala fe; cese e desista decontado, primeiro e último aviso.

Contidos

Pasa o rato por riba dos nomes para ver un resumo dos contidos do aviso.
Descrición Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Nivel 4 Nivel X
Tipos de edicións non construtivas
Vandalismo {{subst:au-vandalismo1}} {{subst:au-vandalismo2}} {{subst:au-vandalismo3}} {{subst:au-vandalismo4}} {{subst:au-vandalismoX}}
Probas de edición {{subst:au-proba1}} {{subst:au-proba2}} {{subst:au-proba3}} {{subst:au-vandalismo4}} non hai
Baleirado de páxinas, eliminación de contidos {{subst:au-borrar1}} {{subst:au-borrar2}} {{subst:au-borrar3}} {{subst:au-borrar4}} {{subst:au-borrarX}}
Normas de conduta {{subst:au-conduta1}} {{subst:au-conduta2}} {{subst:au-conduta3}} {{subst:au-conduta4}} {{subst:au-condutaX}}
Retirada de marcadores {{subst:au-marcadores1}} {{subst:au-marcadores2}} {{subst:au-marcadores3}} {{subst:au-vandalismo4}} non hai
Spam, como promoción de obxectos ou ideoloxías
Engadir ligazóns de spam {{subst:au-spam1}} {{subst:au-spam2}} {{subst:au-spam3}} {{subst:au-spam4}} {{subst:au-spamX}}
Usar a Wikipedia para anunciarse ou promocionarse {{subst:au-promo1}} {{subst:au-promo2}} {{subst:au-promo3}} {{subst:au-promo4}} {{subst:au-promoX}}
Aviso de tradución automática {{subst:au-automática1}} {{subst:au-automática2}} non hai non hai non hai
Non cinguirse ao punto de vista neutral {{subst:au-pvn1}} {{subst:au-pvn2}} {{subst:au-pvn3}} {{subst:au-pvn4}} non hai
Descrición Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Nivel 4 Nivel X

Modelos cun único nivel editar

Pasa o rato por riba dos nomes para ver un resumo dos contidos do aviso.
Descrición Modelo
Aviso de eliminación {{subst:abi}}
Trasladar páxinas {{subst:au-mover}}
Fusionar páxinas {{subst:au-fusionar}}
Engadir interwikis {{subst:au-interwikis}}
Axudas ortográficas {{subst:au-ortografía}}
Ligazóns internas {{subst:au-homónimos}}
Ligazóns externas {{subst:au-ligazóns}}
Información futura {{subst:au-futuro}}
Redireccións {{subst:au-referencias}}
Referencias {{subst:au-referencias}}
Notas no canto de só ligazóns externas ou bibliografía {{subst:au-sen notas}}
Recoñecemento das traducións {{subst:au-recoñecemento}}
Asinar as mensaxes {{subst:au-asinar}}
Posible violación dos dereitos de autoría {{subst:au-copyvio}}
Conflito de intereses {{subst:au-conflito}}
Aviso de permisos de autoría nas imaxes {{subst:au-terceiros-Galipedia}}
Bloqueo de usuario rexistrado {{subst:au-bloqueo}}
Creación excesiva de bosquexos {{subst:au-bosquexo}}
Bloqueo de enderezo IP {{subst:au-bloqueoIP}}
Petición de desbloqueo {{subst:Desbloqueo}}
Investigacións orixinais / fonte primaria {{subst:Au-investigacións orixinais}}