A wifi[1] é a tecnoloxía de conexión sen cabos entre dispositivos por medio de ondas de radio de baixa frecuencia,[2] en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.

Wifi
Logo
Tipomarca de certificación e estándar técnico
Data de fundación21 de setembro de 1997
Nomeado en referencia aSen fíos e fidelidade
Organización relacionadaWLAN
editar datos en Wikidata ]

É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.[Cómpre referencia]

Un ordenador portátil conectado mediante ondas de radio a un punto de acceso sen fíos (á dereita) mediante unha placa PCMCIA (que se ve saíndo pola esquerda do portátil).

Uso moderno editar

No uso moderno, wireless refírese a comunicación sen cabos ou fíos e usa principalmente frecuencia de radio e ondas infravermellas. Por exemplo, Internet sen fíos ou Wlan.

O funcionamento do wifi é simple. Para ter acceso á Internet a través dunha rede wifi (tamén coñecida como Wlan) débese estar no radio de acción dun punto de acceso (normalmente coñecido por hotspot) ou lugar público onde opere unha rede sen fíos e usar un dispositivo móbil, como un computador portátil, unha tableta PC ou un asistente persoal dixital con capacidades de comunicación Wireless.

Un Hotspot wifi créase para establecer un punto de acceso para unha conexión de Internet. O punto de acceso transmite un sinal sen fíos nunha pequena área – preto de 100 metros. Cando un aparello permite wifi , como un Pocket PC, e atopa un hotspot, este pode conectar na rede sen fíos. Moitos hotspots están localizados en lugares que son accesibles ao público, como aeroportos, cafés, hoteis e librarías. Moitas casas e oficinas tamén teñen redes wifi. Mentres que algúns hotspots son gratuítos, a maioría das redes públicas son soportadas por unha Internet Service Provider (ISPs), que cobra unha taxa aos usuarios pola conexión a Internet.

As altas-frecuencias de transmisión precisan xeralmente de aprobación dos gobernos. Con iso, medrou a industria comercial da radio e millares doutros tipos de radiodifusión. As ondas (frecuencias) de radio están sendo agora crecentemente usadas regularmente por usuarios de computador, coñecidas por streaming.

Algúns desenvolvedores de software e hardware están creando computadores menores que forman unha Internet sen fíos ad-hoc, con protocolos como wifi. A IEEE 802.11 estandarizou o uso wireless de conexións locais.

 
Router sen fíos de D-Link

Os Routers optimizados para Internet sen fíos requiren o cálculo en tempo real da mellor dirección do tráfico das ondas.

Os fornos de microondas usan unha radiación electromagnética de frecuencia 2.45 GHz de alcance. Os teléfonos móbiles, Internet sen fíos, e outras ferramentas semellantes están a 2.4 GHz de alcance. Isto é porque a proximidade das ondas poden romper a comunicación sen fíos, ou wireless.

Riscos para a saúde editar

En 2007 o goberno alemán lanzou aos seus cidadáns unha advertencia[3] dos problemas de saúde que poderían vir asociados ao uso desta tecnoloxía, entre outras sen fíos. O ministro de medio ambiente dese país desaconsellaba o seu uso e suxería que os cidadáns usasen conexións cableadas convencionais no seu lugar.

Notas editar

  1. "wifi". TERGAL. Consultado o 12/12/2019. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para wifi.
  3. Germany warns citizens to avoid using Wi-Fi (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar