WhatsApp

aplicación de mensaxaría instantánea

WhatsApp (denominación curta de WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea, de balde dende 2016 (anteriormente tiña un período de proba de 365 días, despois dese período esixía o pago de 1 USD ao ano) para dispositivos móbiles mediante Internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia. Segundo datos de 2016, a aplicación supera os 1.000 millóns de usuarios.[1] O seu nome é un xogo de palabras da expresión inglesa "What's up?" que significa "Que pasa?" ou "Como che vai?".

WhatsApp Messenger
Desenvolvedor(es)Facebook Inc.
(Antes WhatsApp Inc.)
Publicación inicialXaneiro de 2003
Última versión2.17.427 (Android)
(26 de novembro de 2020)
Escrito enErlang
Sistema operativoAndroid, BlackBerry OS, iOS, Symbian e Windows Phone
Lingua/sMultilinguaxe
Galego: Non
TipoMensaxería instantánea
LicenzaFreeware
Sitio webwhatsapp.com

A empresa californiana foi creada no ano 2003 por Brian Acton e Koum Jan, ambos ex traballadores de Yahoo!. En decembro de 2013, a aplicación acadou os 400 millóns de usuarios activos. Foi comprada por Facebook Inc. en febreiro de 2014. por 19.300 millóns de USD.[2][3]

En 2017 anunciouse un servizo para pequenas e medianas empresas co nome de WhatsApp Business.[4]

Descrición editar

WhatsApp emprega unha versión personalizada do estándar aberto Extensible Messaging and Presence Protocol (XMPP)[5].

Despois da instalación, créase unha conta de usuario mediante o número de teléfono como nome de usuario. Mentres que na versión de Android utiliza un algoritmo hash MD5, empregando a versión do teléfono e o seu IMEI como contrasinal, a versión iOS duplica a tarxeta do teléfono e o enderezo MAC empregando TI-MD5. Para funcionar Whatsapp require que o aparello no que se instale teña unha axenda de números de teléfono asociada, se non se cumpre esta condición aínda sendo o software compatible non funcionará, tendo esta limitación na configuración.

As mensaxes multimedia son enviadas xunto coa imaxe, son ou vídeo a un servidor HTTP que as reenvía como unha ligazón que conten en Base64 a codificación xunto dunha imaxe en miniatura (se é necesario).

WhatsApp sincronízase coa axenda telefónica do dispositivo de xeito que non require engadir contactos directamente na aplicación. Por ese motivo é obrigatorio que o dispositivo conte cunha axenda de contactos e que estes estean rexistrados na axenda (dados de alta) antes de poder utilizalos no WhatsApp.

Notas editar

  1. "WhatsApp no para de crecer y ya tiene 900 millones de usuarios". La Nación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. 
  2. Albergotti, Reed; MacMillan, Douglas; Rusli, Evelyn M. (February 20, 2014). "Facebook's $18 Billion Deal Sets High Bar". The Wall Street Journal. pp. A1, A6. 
  3. "Facebook to Acquire WhatsApp" (Nota de prensa). February 19, 2014. 
  4. "WhatsApp to launch dedicated chat apps for businesses". ZDNet (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  5. WhatsApp? Nicht ohne Risiken. WhatsApp? Not without risks (traducido do alemán Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine.).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar