Wewak é a capital da provincia de Sepik do Leste, en Papúa Nova Guinea. Atópase na costa norte da illa de Nova Guinea e é a poboación máis grande que hai entre Madang e Jayapura.

Modelo:Xeografía políticaWewak
Imaxe

Localización
Mapa
 3°33′S 143°38′L / -3.55, 143.63Coordenadas: 3°33′S 143°38′L / -3.55, 143.63
RexiónsRegião de Momase (pt) Traducir
ProvinciasSepik do Leste Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Creación1919 Editar o valor em Wikidata

Entre 1943 e 1945, durante a segunda guerra mundial, Weeak foi base do corpo aéreo xaponés na illa. A base foi bombardeada en repetidas ocasións por avións australianos e estadounidenses, máis notablemente no ataque masivo do 17 de agosto de 1943.

O centro antigo de Wewak localízase nunha pequena península, co resto da área urbana ocupando unha estreita franxa de terra entre o océano e a cordilleira montañosa costeira que emerxe a pouca distancia cara a dentro. Ao leste do centro, atópase unha pequena península onde se localiza en Hospital Boram e o Aeroporto Internacional de Wewak, que tamén é coñecido como Boram.

Wewak está comunicado por estrada con outros tres pobos do río Sepik: Angoram, Timbunke e Pagui, aínda que esta estrada non está en boas condicións nin é de todo segura. Outra estrada vai pola costa cara ao oeste unindo Wewak cos pobos costeiros de Aitape e Vanimo, este último capital da provincia de Sandaun.