A illa de Wetar pertence á provincia indonesia de Maluku e é a maior das illas de Barat Daya (literalmente "illas do sueste", xa que están a sueste da capital da provincia, Ambon).

Wetar
Pulau Wetar
Localización da illa
Mapa das illas Molucas
Situación
País Indonesia
ProvinciaMolucas
ArquipélagoIllas Barat Daya
MarMar de Banda, océano Pacífico
Coordenadas7°48′S 126°18′L / -7.800, -126.300Coordenadas: 7°48′S 126°18′L / -7.800, -126.300
Xeografía
Superficie3.600 km²
Longura máxima130 km.
Largura máxima45 km.
Punto máis alto1.412 m. Hunun Arnau
Demografía
CapitalIlwaki
Poboación20.000 (estimada)

É considerada parte das illas Molucas, Wetar fica ó leste das Pequenas Illas de Sonda, que inclúen tamén as illas de Alor e Timor, esta última separada por apenas 56 km de Wetar polo estreito que leva seu nome (Estreito de Wetar). Ao oeste, xunto ao Estreito de Ombai, fica a illa de Alor. Xa a suroeste o illote de Liran e, mais alén, a pequeniña illa timorense de Ataúro. Ao norte fica o Mar de Banda e ao leste Romang e Damar, as dúas outras principais illas das Illas de Barat Daya.

As principais cidades en Wetar son Lioppa, no noroeste, Ilwaki no sur, Wasiri no norte, Masapun no leste, e Arwala no nordeste, todas conectadas por estradas.