Wessobrunner Gebet

O Wessobrunner Gebet é un poema alemán, unha das máis antigas composicións líricas en alto alemán antigo datada en torno ao 790. Recibe o nome do mosteiro no que se conservou a única copia que existe e que data do 814, o mosteiro de Wessobrunner, inda que actualmente se atopa na Biblioteca de Baviera.

Unha páxina do manuscrito.

O poema divídese en dúas partes diferenciadas, a primeira é unha especie de oración pola creación do mundo en nove versos, a segunda parte é unha oración en prosa libre.