Westley Sissel "Wes" Unseld foi un xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira profesional nos anos 70. Naceu o 14 de marzo de 1946 en Louisville, Kentucky e faleceu o 2 de xuño de 2020. Unha vez retirado, foi adestrador dos Washington Bullets durante sete tempadas.

Wes Unseld
Posición Pivote
Dorsal 41
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Nacemento 14 de marzo de 1946
Louisville, Kentucky
Morte 2 de xuño de 2020 (74 anos)
Carreira
Universidade University of Louisville
NBA Draft 1968 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Baltimore Bullets
Tempadas 19681981
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 624 (10,8 pp)
Rebotes     13 769 (14,0 pp)
Asistencias     3 822 (3,9 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Unseld cursou os seus estudos na Universidade de Louisville, e en tres tempadas, conseguiu unhas medias de 20,4 puntos e de 18,9 rebotes por encontro, sendo no tres anos o máximo reboteador da súa conferencia.

NBA editar

Foi elixido na segunda posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1968 polos Baltimore Bullets, e na súa primeira tempada conseguiu un fito que até ese momento só Wilt Chamberlain lograra: ser Rookie do Ano e MVP da liga na mesma tempada, despois de conseguir 18,2 rebotes por partido.

Xogou durante o seu trece anos de profesional no mesmo equipo, aínda que sufriu os cambios de denominación e de cidade do mesmo, xa que en 1973 trasladáronse a Washington, onde na súa primeira tempada denomináronse os Capital Bullets, para ser, finalmente, os Washington Bullets. Non foi un grande anotador, finalizou a súa carreira con 10,8 puntos por partido, mais si un excelente reboteador, conseguindo 14 capturas por encontro. Formou un tándem perfecto con Elvin Hayes, e xuntos levaron aos Bullets a catro finais da NBA, gañando o anel de campión en 1978, sendo ademais nomeado MVP das finais. Retirouse en 1981, con 34 anos de idade, e despois de disputar 984 partidos de liga regular.

Equipos editar

Adestrador editar

Na tempada 83-84 fíxose co cargo de adestrador asistente dos Bullets, e en metade desa tempada ocupou o de adestrador principal, estando á fronte do equipo durante sete tempadas. Gañou nese tempo 202 partidos, e perdeu 345, cunha porcentaxe do 36,9%.

Logros persoais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar