Weezer (Green Album)

álbum de Weezer

Weezer, tamén coñecido coma The Green Album, é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 15 de maio do 2001 a través do selo Geffen Records. O álbum converteuse nun éxito comercial en todo o mundo, acadando o número catro na Billboard 200 e entrando nas listas de varios países.

Weezer
Álbum de Weezer
Publicado15 de maio do 2001
Gravacióndecembro do 2000
Estudio(s)Cello Studios, Los Angeles, California
Duración28:20
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Geffen Records
Producido porRic Ocasek
Cronoloxía
Pinkerton Weezer Maladroit

Weezer foi a primeira edición da banda sen o baixista Matt Sharp, que deixou o grupo en 1998 para centrarse no seu propio proxecto, The Rentals. Sharp foi substituído por Mikey Welsh, sendo este o único álbum no que aparece con Weezer.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Rivers Cuomo.

Título Duración
1 "Don't Let Go" 2:59
2 "Photograph" 2:19
3 "Hash Pipe" 3:06
4 "Island in the Sun" 3:20
5 "Crab" 2:34
6 "Knock-down Drag-out" 2:08
7 "Smile" 2:38
8 "Simple Pages" 2:56
9 "Glorious Day" 2:40
10 "O Girlfriend" 3:49