Waterworld é un filme pos-apocalíptico de ciencia ficción. Foi dirixido por Kevin Reynolds e escrito conxuntamente entre Peter Rader e David Twohy. Foi estreado en 1995.

Waterworld
Ficha técnica
Título orixinalWaterworld
DirectorKevin Reynolds
ProdutorKevin Costner
John Davis
Charles Gordon
Lawrence Gordon
Andrew Licht
GuiónDavid Twohy
Peter Rader
IntérpretesKevin Costner
Jeanne Tripplehorn
Dennis Hopper
Gerard Murphy
Tina Majorino
Chaim Girafi
Michael Jeter
R.D. Call
Kim Coates
MúsicaJames Newton Howard
Henry Mancini
FotografíaScott Fuller
Dean Semler
MontaxePeter Boyle
EstudioDavis Entertainment
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1995
Duración135 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción
Orzamento$175 000 000[1]
Recadación$264 218 220
Na rede
IMDB: tt0114898 Filmaffinity: 160303 Allocine: 13247 Rottentomatoes: m/waterworld Mojo: waterworld Allmovie: v134902 TCM: 95164 Metacritic: movie/waterworld TV.com: movies/waterworld Netlix: 17672132Editar o valor em Wikidata

O filme está ambientado nun futuro distante. A pesar de que non se cita unha data exacta no filme, crese que podería ser o ano 2500.[2] Os casquetes polares están completamente derretidos e o nivel do mar incrementouse centos de metros, cubrindo case toda a superficie da terra. O filme ilustra isto cunha variación do logo de Universal Pictures, que comeza de forma corrente coa imaxe da Terra, pero logo vese como a auga vai cubrindo gradualmente o planeta ata que a terra queda totalmente somerxida. O argumento do filme xira arredor dun anti-heroe sen nome, "O Mariñeiro", un viaxeiro que navega a Terra no seu trimarán.

Sinopse editar

No futuro os casquetes polares derreteron e a auga cobre a total superficie do planeta. Por este motivo, a auga doce é o ben máis prezado que existe, e os seres humanos sobreviven en plataformas flotantes na busca incesante de auga potable e lembrando unha lenda, segundo a cal nalgún lugar existe terra seca. O Mariñeiro (Kevin Costner) é un viaxeiro solitario que vive do comercio de obxectos. Un día chega a un atol de chatarra e vende terra ós seus habitantes, pero eles, ó decatarse de que é un mutante (metade peixe, metade humano), condénano a morte.

Personaxes editar

  • Kevin Costner como O Mariñeiro. É o protagonista da historia. Trátase dunha mutación de home-peixe con branquias funcionais e membranas nas extremidades, que lle permiten nadar velozmente. É solitario e reservado.
  • Dennis Hopper como O Diácono. É o principal inimigo. É o líder dun grupo de delincuentes chamados Smokers, que se adican á pillaxe e ó asasinato dos escasos asentamentos flotantes (atol) dos superviventes da inundación. O seu obxectivo é atopar Terra Seca.
  • Jeanne Tripplehorn como Helen. É unha muller que vive ó coidado de Enola nun atol. Cre na existencia de Terra Seca, e por iso salva da morte ao mariñeiro, para que lles axude a atopala.
  • Tina Majorino como Enola. É unha nena orfa procedente de Terra Seca, que leva unha tatuaxe nas costas, que en realidade é un mapa con indicacións para volver ó seu lugar de orixe. Sempre está facendo debuxos de árbores e animais aínda que non os lembra moi ben, e non sabe o que son. Enola significa "só" ("Alone" escrito ó revés).

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1995: Nomeamento ó Oscar: Mellor son.
  • 1995: Nomeamento BAFTA: Mellores efectos visuais.

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo
  2. The Making of Waterworld by Janine Pourroy (agosto de 1995). Production designer Dennis Gassner states: "The date was 2500."

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar