Wat, derivado da palabra Pacoh avasa, así como do sánscrito avasatha, é un templo ou mosteiro das rexións de Camboxa, Laos e Tailandia. A palabra wat (en tailandés, วัด) significa "colexio" ou "escola".

Wat Phra That Chang Kham, Nan.

Estritamente falando, un Wat é un templo budista e unha escola con monxes residentes. Un templo sen monxes residentes non podería denominarse wat, aínda que o termo adóitase utilizar de forma extensiva, mesmo para facer referencia ás ruínas de templos antigos.

En lingua coloquial en Tailandia, wat fai referencia a calquera lugar de oración con excepción das mesquitas. Por tanto, wat cheen sería un templo chinés (xa sexa budista ou taoísta), wat khaek sería un templo hindú e wat kris, wat krit ou wat fa-hrang faría referencia a unha igrexa cristiá.