Walter Bagehot, nado o 3 de febreiro de 1826 e finado o 24 de marzo de 1877, foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos.

Infotaula de personaWalter Bagehot

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1826 Editar o valor em Wikidata
Langport (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1877 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Somerset Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaLangport (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Redactor xefe The Economist
1861 – 1877
← Richard Holt Hutton (pt) TraducirDaniel Conner Lathbury (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e filosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , político , empresario , ensaísta , enxeñeiro , politicólogo , sociólogo , economista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorThe Economist (1861–1877) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Wilson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisThomas Watson Bagehot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Edith Stuckey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bagehot naceu en Langport, Somerset, Inglaterra, seu pai, Thomas Walter Bagehot, era xerente e vicepresidente de Stuckey's Banking Company. El estudou no University College de Londres, onde cursou matemáticas e realizou un máster en filosofía intelectual e moral[1].

Traballou con seu pai desde 1852 e escribiu para varios xornais, logo durante dezasete anos foi o editor de The Economist, xornal que fora fundado polo seu sogro (James Wilson). Despois de asumir a dirección en 1860, engadiu a The Economist' información sobre os Estados Unidos e política, aumentando a influencia do xornal entre os medios políticos.

En 1867, escribiu un libro titulado The English Constitution no cal explora a constitución do Reino Unido, especificando o funcionamento do Parlamento e a monarquía británica e os contrastes entre o goberno británico e o americano. O libro converteuse nun manual que se traduciu a varias linguas.

Tamén escribiu Physics and Politics (1872), no cal acuñou a expresión aínda en uso no mundo anglosaxón "the cake of custom" para referirse á tensión entre as institucións tradicionais e a innovación. Lombard Street (1873), explica o mundo das finanzas e da banca, e especialmente como resolver crises financeiras. Polas súas contribucións á teoría sociolóxica a través dos estudos históricos, Bagehot pode ser comparado co seu contemporáneo, Henry James Sumner Maine.

Despois da súa morte publicouse unha colección cos seus ensaios económicos, literarios e políticos.

Cada ano a Political Studies Association británica outorga o Premio Walter Bagehot á mellor disertación no campo da administración pública e gobernativa.

Obras editar

 
Lombard Street, 1873

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar