Wageningen

municipio e cidade histórica dos Países Baixos, na provincia de Güeldres

Wageningen é unha cidade e municipio da provincia de Güeldres, nos Países Baixos.

Modelo:Xeografía políticaWageningen
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°57′52″N 5°39′47″L / 51.9644, 5.6631Coordenadas: 51°57′52″N 5°39′47″L / 51.9644, 5.6631
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasGueldria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
De Peppeld (en) Traducir
Leeuwen (en) Traducir
Nude (en) Traducir
Wageningen-Hoog (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación39.635 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.225,19 hab./km²)
Número de fogares21.488 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie32,35 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude9 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal6700–6709 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico0317 Editar o valor em Wikidata
Código BAG2006 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webwageningen.nl Editar o valor em Wikidata
Facebook: gemeentewageningen Twitter: gem_wageningen Instagram: gemeente.wageningen LinkedIn: gemeente-wageningen Youtube: UCZrwAZt6wFtm0_A1zDZnjbw Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Wageningen está situada na beira norte do río Rin, na fronteira coa provincia de Utrecht, e consta de dous asentamentos: Wageningen e Wageningen Hoog.[1]

Unha elevación ao suroeste de Wageningen chámase Wageningse Berg (Montaña de Wageningen).

A unha altitude media de 9 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 32,36 km², dos que 1,82 km² son de auga.

Segundo o censo de 2019 tiña 38 774 habitantes, polo quea súa densidade de poboación nese ano de 1 230 hab./km².

Historia editar

O asentamento máis antigo coñecido en Wageningen estaba situado cerca do río, ao fondo do outeiro Wageningen Berg. Durante o medievo o asentamento trasladouse máis arriba. Encontráronse restos dunha igrexa pequena e dalgunhas granxas con edificacións de madeira cerca do cumio da Wageningse Berg.

 
Wageningen no século XVII

No século XII xurdiu un asentamento onde agora se sitúa a rúa Bergstraat (rúa da Montaña), no centro de Wageningen. Despois da construción dun dique para protexer á vila do pantano que naquel tempo cubría esta parte de Güeldres, fixo posíbel o desenvolvemento da vila.

Debido á súa situación estratéxica, Wageningen era considerada xa unha cidade no século XIII. O 2 de xuño de 1263 Wageningen alcanzou o título de "cidade".[2] Esta estaba defendida por unha muralla e un canal.

Para fortalecer a cidade, o duque Carlos de Güelders construíu en 1526 unha fortaleza, que foi destruída polas tropas francesas en 1672. O daquela señor do castelo, o barón Adolfo Lubbert Torck, construíu un novo sobre as ruínas do antigo.[2] Hoxe en día permanecen visíbeis restos de tres torres e parte da muralla.

Wageningen tamén é famosa pola súa historia militar. O 6 de maio de 1945 o xeneral alemán Johannes Blaskowitz rendeuse ao xeneral canadense Charles Foulkes, terminando así a segunda guerra mundial para os Países Baixos. Os xenerais asinaron a capitulación no Hotel de Wereld en Wageningen.[2] Cada 5 de maio, o día da liberación dos Países Baixos, a cidade celebra un gran festival para celebrar a liberación, cun desfile de veteranos da guerra que son honrados polos seus servizos nesa ocasión.

A Universidade de Wageningen editar

Wageningen é famosa pola súa Universidade, a Wageningen Universiteit en Researchcentrum, especializada en Ciencias Naturais, na que estudan varios milleiros de estudantes de máis de 150 países[Cómpre referencia].No curso académico 2010-2011 tiña máis de 7 800 alumnos e alumnas matriculadas, e a Universidade e as institucións de investigación relacionadas con ela dan emprego a 7 400 persoas, das cales soamente o 40 % residen en Wageningen.

A Universidade fundouse en 1876 como Escola de Agricultura Municipal, transformada en 1918 nun centro de ensinanza superior, a Landbouwhogeschool Wageningen (Escola Politécnica de Agricultur), e despois Universidade Agraria de Wageningen.[3] Así, a cidade transformouse nunha comunidade educativa e tecnolóxica moderna. Hoxe Wageningen é o centro do Foodvalley (Val dos alimentos),[4] unha grande aglomeración de empresas e institutos de investigación que se especializa en innovaciones de alimentos.

O seu campus está establecido nas aforas da cidade, o que lle permite planificar numerosas ampliacións das súas instalacións, centradas nas ciencias da vida, a socioloxía, as relacións comerciais e o recursos naturais.

 
Panorámica do campus da Universidade

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Mapa da situación do municipio. Consultado o 9 de xullo de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 History of Wageningen (en inglés). Consultada o 9 de xullo de 2020.
  3. Historie van Wageningen University & Research (en neerlandés). Consultada o 9 de xullo de 2020.
  4. Food Valley (en inglés). Consultada o 9 de xullo de 2020.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar