Wachau é unha rexión austriaca, composta dunha paisaxe montañosa atravesada polo val do río Danubio. Posúe aproximadamente 30 km de lonxitude, quedando comprendida entre as cidades de Melk e Krems no estado de Baixa Austria, situado a aproximadamente 80 km de Viena. É un dos principais destinos turísticos de Austria, sendo recoñecido como Patrimonio Mundial pola UNESCO.