O Hotel W Barcelona, máis coñecido popularmente como Hotel Vela, é un rañaceos deseñado por Ricardo Bofill que se atopa no barrio da Barceloneta de Barcelona, dentro da ampliación do porto da cidade. O hotel está xestionado pola cadea hoteleira Starwood Hotels and Resorts e comercializado baixo a marca W Hotels.

W Barcelona
O Hotel Vela xunto á praia de Sant Sebastià
Coordenadas41°22′07″N 2°11′24″L / 41.3686286, 2.1900022Coordenadas: 41°22′07″N 2°11′24″L / 41.3686286, 2.1900022
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Os traballos de infraestrutura empezaron coa apertura dunha nova bocana que divide o porto de Barcelona en dúas áreas: a civil e a industrial. A misión urbana do proxecto foi prover dunha extensión á parte sur da cidade cara á costa.

No momento da presentación do proxecto, o edificio contaba cunha torre en forma de vela que chegaba aos 160 metros. O Concello de Barcelona obrigou o arquitecto a modificar o proxecto para non alterar a silueta da cidade. Finalmente inaugurouse o 1 de setembro de 2009 cunha altura de 99 metros.

A sociedade que obtivo a concesión estaba formada inicialmente por FCC, OHL, Comsa-Emte e Sacresa, cunha participación do 25% de cada unha das empresas, pero Sacresa vendeu a súa participación ao grupo Godia en 2009. A sociedade obtivo a concesión do uso do inmoble por 35 anos, a partir do 2010, ampliables a 15 anos máis. En 2011 o hotel foi posto á venda por uns 200 millóns de euros, por debaixo dos 260 millóns que investiron as construtoras no proxecto.

O edificio editar

 
Perfil do edificio

O edificio, deseñado polo arquitecto Ricardo Bofill, levántase nuns terreos de 7 hectáreas de superficie gañados ao mar na construción da nova bocana do porto. Está encaixado dentro do volume do adro, goza de grandes vistas sobre o mar, e luz natural, e a súa fachada en vidro reflectindo mestura, obxecto e contexto.

O proxecto incluíu unha praza pública aberta no mar, unha mariña e un hotel paisaxe, unha icona cosmopolita. O hotel de 5 estrelas dispón de 473 habitacións, 67 suites, 400 empregados, un bar panorámico situado na azotea con vistas da cidade, spa e fitness, piscinas interiores e exteriores, terrazas, praia, restaurantes, salas de baile, e outros equipamentos baixo unha plataforma de terrazas.

Controversia editar

O Hotel Vela está construído en terreos da Autoridade Portuaria de Barcelona, entidade pública, pero non se fixo pública a forma de adxudicación do proxecto. No barrio da Barceloneta houbo voces contrarias no edificio, que argumentan que a lei establece que só se pode construír un edificio en terreos gañados ao mar se se trata de instalacións portuarias. Os nudistas e surfistas, colectivos que se poden ver a miúdo, nas praias da Barceloneta e de Sant Sebastià argumentan que o complexo hoteleiro modifica as correntes mariñas debido á prolongación do espigón, ademais da modificación dos ventos que agora dificultarán as competicións en patín catalán, embarcación autóctona, e á práctica do windsurf. Outra polémica é que non cumpre a lei de costas, posto que está a 20 metros do mar.[1]

Notas editar

  1. Canet, Viçent (14 de decembro de 2009). "Un hotel de lujo que incumple la Ley de Costas". Periódico Diagonal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2014. Consultado o 07 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar