Winfried Georg Maximilian Sebald, nado en Wertach im Allgäu (Baviera) o 18 de maio de 1944 e finado en Norfolk o 14 de decembro de 2001, foi un escritor alemán.

Infotaula de personaW. G. Sebald
Biografía
Nacemento18 de maio de 1944 Editar o valor em Wikidata
Wertach, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Condado de Norfolk, Inglaterra, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Accidente de coche Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Friburgo, Suíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , fotógrafo , catedrático , especialista en literatura Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Manchester
Universidade de Anglia do Leste
Universidade de Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Páxina webwgsebald.de Editar o valor em Wikidata
Bitraga: 1954 Dialnet: 674128 Musicbrainz: dc3bb08c-5b19-4fe1-9080-75edb3c470dc Discogs: 1928709 Find a Grave: 22095456 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nunha pequena vila de Baviera, onde pasou a súa infancia durante a dura posguerra alemá, vai a escola en Oberstdorf a partir de 1954, onde remata o bacharelato en 1963. Logo de dous anos de estudos de Literatura en Fribourg-en-Brisgau obtén, en 1966, unha diplomatura en Suíza. Entre 1966 e 1969 foi conferenciante na Universidade de Manchester. Logo dun ano de ensinar en Saint Gall (Suíza), en 1970 marcha á Universidade de East Anglia en Norwich, instalándose definitivamente en Inglaterra. Porén, nunca perdeu o vínculo coa súa terra natal xa que toda a súa obra foi concibida na súa lingua materna e traducida, baixo a súa supervisión, posteriormente ao inglés.

Sebald odiaba o seu nome Winfried Georg e cualificábao de "nome nazi"; prefería que o chamasen "Bill" ou "Max". O seu pai, suboficial, reingresou xusto antes da guerra na Wehrmacht e coñeceu á súa nai na época dos preparativos do ataque á Polonia en 1939. Por iso, segundo Sebald, podía ser considerado como un "produto do fascismo". Na súa mocidade Sebald estaba horrorizado polo silencio da xeración do seu pai sobre os acontecementos da guerra e pola falla de interese da literatura e a sociedade alemá en xeral pola destrución de Alemaña polos bombardeos aliados da fin da guerra.

Sebald comezou tardiamente a escribir a súa obra. A súa primeira novela foi publicada cando tiña 43 anos. Autor dunha obra excepcional, foi recoñecido como tal en pouco máis dun decenio, de maneira que pasou dos círculos minoritarios a ser considerado como un dos máis importante escritores do cambio de século. Desgraciadamente, o 14 de decembro de 2001 morre nun accidente automobilístico ao chocar contra un camión cando se encontraba na súa maior plenitude e madureza creativa.

Análise da obra editar

A obra de Sebald é moi diversa en canto a técnicas narrativas se refire, de maneira que podemos observar como utiliza de forma ecléctica nas súas novelas elementos prestados das crónicas de viaxes, da narrativa, das memorias, da reportaxe, do ensaio... co obxectivo de presentar as súas reflexións acerca da condición humana, a evolución da cultura e a permanencia e o acoso da barbarie. Hai un elemento sempre presente nas súas novelas, a viaxe, de carácter espiritual ou física, que actúa como medio de indagación e de coñecemento. Cheas de pequenos “sub-relatos”, as súas novelas están moi cerca dos seus lectores, de feito, non é difícil chegar a identificarse con algún dos seus personaxes ou algún aspecto concreto das súas personalidades.

Nas súas obras están moi presentes os estranxeiros e os emigrados que, como el, abandonan o seu país na busca dunha nova vida.

Obras editar

  • Nach der Natur: Ein Elementargedicht, 1988.
  • Schwindel. Gefühle (Vértigo), 1990.
  • Die Ausgewanderten: Vier lange Erzählungen (Os emigrados), 1992.
  • Die Ringe des Saturn. Eine englische Wallfahrt (Os aneis de Saturno), 1995.
  • Austerlitz, 2001.
  • Campo Santo, 2003. Traducido ao galego no 2007, por Catuxa López Pato (Galaxia).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar