A vulcanoloxía é o estudo de volcáns, lava, magma e todo o relacionado con fenómenos xeolóxicos [[xeofísicos] e xeoquímicos (vulcanismo), presentes e pasados.

Volcán fotografado en 1985
Un vulcanólogo mostrando lava empregando un martelo de pedra e un balde de auga
Erupción do Stromboli (Illas Eolias / Italia), ca. 100m (vertical). Exposición de varios segundos. As traxectorias guionadas son o resultado de pezas de lava cun lado quente brillante e un lado escuro e frío que xira no aire.

O termo vulcanoloxía deriva da palabra latina vulcano. Vulcano foi o antigo deus romano do lume.

Un vulcanólogo é un xeólogo que estuda a actividade eruptiva e a formación de volcáns e as súas erupcións actuais e históricas. Os vulcanólogos frecuentemente visitan volcáns, especialmente os activos, para observar as erupcións volcánicas, recoller produtos eruptivos incluíndo piroclasto (como [[cinzas volcánicas | cinzas] ou pedra pómez), mostras de rocha e lava. Un dos principais focos de investigación é a predición de erupcións. Actualmente non hai un xeito preciso de facelo, pero prever erupcións, como prever terremotos, podería salvar moitas vidas.

Características editar

Un dos principais obxectivos aplicados da vulcanoloxía é a previsión das erupcións e dos seus efectos, para a preparación de planos de emerxencia e, sempre que for posíbel, aviso ás poboacións da posibilidade de erupcións.

Algúns procesos volcánicos constitúen un perigo natural enorme, mentres outros son altamente benéficos para a sociedade. Os volcáns e as súas erupcións, con todo, son soamente a expresión á superficie de procesos magmáticos que se inician en profundidade na Terra. Así, o estudo do vulcanismo, é inevitabelmente interdisciplinar, altamente ligado á xeofísica, a outros ramos da xeoloxía tales como a petroloxía e a xeoquímica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar