Vuelta a España 1936


A Vuelta a España 1936 foi a segunda edición da Vuelta a España. A competición ciclista tivo lugar entre o 5 e o 31 de maio de 1936, cun percorrido de 4364 km dividido en 21 tiradas, con saída e chegada en Madrid.

Modelo:Competición deportivaVuelta a España 1936
TipoVuelta a España Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento4.407 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaMadrid Editar o valor em Wikidata
Liña de metaMadrid Editar o valor em Wikidata
Número de participantes53, inicio
26, final Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo5 de maio de 1936 – 31 de maio de 1936 Editar o valor em Wikidata
Número de edición2 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Gustaaf Deloor
Segundo da clasificación xeral Alfons Deloor
Terceiro da clasificación xeral Antonio Bertola
Gañador da clasificación da montaña Salvador Molina
Editar o valor em Wikidata

Tomaron a saída 53 corredores, dos cales remataron 26. Entre eses 53 estaban 44 españois, dos cales dous eran galegos: o ponteareán Delio Rodríguez, que rematou no posto 24º, e o cambadés Marcelino Sánchez, retirado na cuarta etapa[1].

O vencedor foi o belga Gustaaf Deloor, que xa gañara a edición anterior. Cubriu a proba a unha velocidade media de 29,068 km/h, e viuse favorecido pola caída na primeira etapa do seu gran rival no ano anterior, Mariano Cañardo. Salvador Molina foi o gañador da clasificación da montaña.

Etapas editar

Etapa Día Percorrido km Gañador da etapa Líder da clasificación xeral Líder da montaña
1.ª 5 de maio Madrid-Salamanca 210   Joseph Huts   Joseph Huts   Luigi Barral
2.ª 6 de maio Salamanca-Cáceres 214   Gustaaf Deloor   Gustaaf Deloor   Luigi Barral
3.ª 7 de maio Cáceres-Sevilla 270   Vicente Carretero   Gustaaf Deloor   Luigi Barral
4.ª 9 de maio Sevilla-Málaga 212   Gustaaf Deloor   Gustaaf Deloor   Luigi Barral
5.ª 10 de maio Málaga-Granada 132   Vicente Carretero   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
6.ª 11 de maio Granada-Almería 185   Gustaaf Deloor   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
7.ª 13 de maio Almería-Alacant 306   Mariano Cañardo   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
8.ª 14 de maio Alacant-Valencia 184   Antonio Bertola   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
9.ª 15 de maio Valencia-Tarragona 279   Salvador Cardona   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
10.ª 17 de maio Tarragona-Barcelona 139   Vicente Carretero   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
11.ª 18 de maio Barcelona-Zaragoza 293   Alphonse Schepers   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
12.ª 19 de maio Zaragoza-Donostia 265   Alphonse Schepers   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
13.ª 21 de maio Donostia-Bilbao 160   Vicente Carretero   Gustaaf Deloor   Fermín Trueba
14.ª 22 de maio Bilbao-Santander 199   Alfons Deloor   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
15.ª 24 de maio Santander-Xixón 194   Mariano Cañardo   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
16.ª 25 de maio Xixón-Ribadeo   155   Rafael Ramos   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
17.ª 26 de maio   Ribadeo-A Coruña   157   Alphonse Schepers   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
18.ª 27 de maio   A Coruña-Vigo   175   Vicente Carretero   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
19.ª 29 de maio   Vigo-Verín   178   Fermín Trueba   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
20.ª 30 de maio   Verín-Zamora 207   Antonio Bertola   Gustaaf Deloor   Salvador Molina
21.ª 31 de maio Zamora-Madrid 250   Emiliano Álvarez   Gustaaf Deloor   Salvador Molina

Clasificacións editar

Nesta edición da Vuelta a España disputáronse tres clasificacións: a xeral, a da montaña e a de equipos:

Clasificación de montaña
1. Salvador Molina   78 puntos
2. Julián Berrendero   72 puntos
3. Fermín Trueba   63 puntos
Por equipos
1. Bélxica  

Notas editar

  1. González Martín, X. (2007): 120 anos de ciclismo galego. Vigo, Editorial Galaxia, páx. 315-316. ISBN 9788471541161

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar