O voto nulo é un voto realizado de maneira errónea ou non conforme ás regras estipuladas dunha elección, feito que implica a súa nulidade. Un voto nulo pode ser de carácter accidental ou intencionado.

Voto nulo nas eleccións municipais españolas de 2015.

Características editar

Son varias as circunstancias capaces de anular un voto:

  • Incluír un papel non oficial, ou un documento electoral non oficial, ou errar na votación pola introdución dunha papeleta correspondente a outro cadro.
  • Incluír varios papeis de candidatos distintos para o mesmo cargo, de modo que non poida saberse por quen desexaba votar o elector.
  • Incluír obxectos estraños (non tódalas lexislacións o prohiben).
  • Escribir na papeleta, colocar marcas etc.

A diferenza do voto en branco, o voto nulo non é ''institucional'' (nalgúns países existe algunha forma de votar en branco oficialmente). É dicir, non se elixe unha de entre as tantas opcións que dá unha determinada elección, senón que directamente se anula o voto.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar