Vostok 1 foi o nome da primeira misión tripulada da Historia, con Iuri Gagarin a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de abril de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Vostok 1
A cápsula e o traxe de Gagarin en exposición
TipoTripulada
Data de lanzamento12 de abril de 1961, 6:07 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVostok 8K72K[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión1 hora e 48 minutos[2][6]
Obxectivo da misiónPrimeiro voo tripulado.[2][6]
Regreso12 de abril de 1961[1][6]
NSSDC ID1961-012A
Masa4725,0 kg[2][5][6]

Características editar

A misión de Vostok 1 foi realizar a primeira misión orbital tripulada. O equipamento da cápsula incluía o soporte vital e comunicación por radio e televisión para monitorizar o estado do cosmonauta. O voo foi completamente automático e os controis manuais estaban bloqueados polo descoñecemento da influencia do espazo no comportamento dos humáns, pero podían desbloquearse cun código numérico que se atopaba nun sobre pechado que Gagarin tiña á súa disposición. Durante a reentrada o módulo de servizo quedou enganchado na cápsula de reentrada, facendo que esta xirara descontroladamente ata que a calor da reentrada fundíu o cable que mantiña unidos ambos módulos. Gagarin, tal como estaba planeado, exectouse da cápsula a uns poucos quilómetros de altura e aterrou usando o seu propio paracaídas.[2][3][4][5]

O voo tivo lugar 25 días antes do primeiro voo espacial suborbital dos Estados Unidos.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 24 March 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-06233). 24 de marzo de 1962: 7. Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Vostok" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2018.