Voo 965 de American Airlines

O voo 965 de American Airlines era un voo regular entre o aeroporto de Miami e o aeroporto Alfonso Bonilla Aragón en Cali, Colombia. O 20 de decembro de 1995 o Boeing 757-200 que operaba a ruta, con rexisto N651AA,[1] esnafrouse contra unha montaña en Buga, Colombia, matando 151 dos 155 pasaxeiros e os 8 tripulantes.[2] O accidente foi o primeiro dun 757 de propiedade estadounidense e é o peor accidente de aviación ocorrido en Colombia. No seu momento foi o accidente con máis mortos dun 757, superado polo voo 301 de Birgenair con 189 vítimas mortais ocorrido sete semanas despois. Cinco pasaxeiros, todos sentados na mesma zona do avión, sobreviviron ao impacto inicial, pero un morreu dous días despois polas súas feridas.[3]

Voo 965 de American Airlines
Avión semellante ao do accidente
Resumo
Data  20 de decembro de 1995
Causa  voo controlado contra o terreo
causado por erro de navegación
Lugar  preto de Buga, Colombia
Coordenadas  Coordenadas: 3°50′45″N 76°06′17″O / 3.8458888888889, -76.10475
Orixe  aeroporto de Miami
Destino  aeroporto Alfonso Bonilla Aragón
Finados  159
Feridos  4
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 757-200
Operador  American Airlines
Rexistro  N651AA
Pasaxeiros  155
Tripulación  8
Superviventes  4

A Unidade Administrativa Especial de Aeronáutica Civil colombiana investigou o accidente e determinou que foi causado por erros de navegación da tripulación de voo.[4]

Avión editar

O aparello era un Boeing 757-223 con rexistro N651AA. Voara por vez primeira o 12 de agosto de 1991, e fora o 390 Boeing 757 construído. O avión estaba equipado con dous motores Rolls-Royce RB211.

Notas editar

  1. FAA (ed.). "FAA Registry (N651AA)". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-10. 
  2. CNN (ed.). "American Airlines jet crashes in the Andes". Consultado o 2018-12-10. 
  3. "Miracle on the Mountain". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 2018-12-10. 
  4. "Informe do accidente". Unidade Administrativa Especial de Aeronáutica Civil. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009.