Voo 6491 de Turkish Airlines

O voo 6491 de Turkish Airlines (TK6491/THY6491) foi un voo internacional de carga operado por ACT Airlines, no nome de Turkish Cargo, dende Hong Kong a Istanbul con escala en Bixkek, Kirguizistán. O día 16 de xaneiro de 2017 o Boeing 747-400F que realizaba esa ruta esnafrouse durante a aterraxe no aeroporto Internacional de Manas en Bixkek. Un total de 39 persoas, incluídos os catro tripulantes a bordo e 35 habitantes dun distrito residencial situado preto do aeroporto, morreron no choque. A día de hoxe o accidente está a ser investigado.

Voo 6491 de Turkish Airlines
Resumo
Data  16 de xaneiro de 2017
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  área residencial preto do
aeroporto Internacional de
Manas en Bixkek
Coordenadas  Coordenadas: 43°03′25″N 74°26′25″L / 43.056816, 74.440155
Finados  39 (4 a bordo; 35 en terra)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-400F
Operador  ACT Airlines
para Turkish Airlines
Rexistro  TC-MCL
Tripulación  4
Superviventes  0

Avión editar

O avión do accidente era un Boeing 747-412F con rexistro TC-MCL e número de serie 32897. O seu primeiro voo foi o 13 de xaneiro de 2003 e entrou en servizo para Singapore Airlines Cargo co rexistro 9V-SFL. Despois de varios períodos de almacenamento o aparello foi mercado pola compañía de Istambul ACT Airlines en 2015, que entón comezou a operar para Turkish Cargo.[1][2] O aparello realizara unha 45 000 horas e 8 000 ciclos de voo cara xuño de 2016. A súa derradeira revisión C completárase o 6 de novembro de 2015.[3]

Accidente editar

Ás 07:19 hora local (01:19 UTC) do 16 de xaneiro de 2017 o avión chocou a 1 km do final da pista 26 do aeroporto Internacional de Manas,[4] en condicións de néboa densa.[5] Segundo os informes iniciais o avión non puido gañar a suficiente altitude mentres intentaba un motor e ao aire. Esnafrouse contra o terreo e esnaquizou varias casas.[6] As autoridades posteriormente afirmaron que a tripulación estaba facendo un determinado intento de aterrar o avión en vez de abortar.[7]

No choque morreron un total de 39 persoas: os catro membros da tripulación e 35 residentes de Dacha-SU, unha área residencial a uns 2 km ao oeste do aeroporto.[8]

Testemuñas e rescatadores informaron de que atoparon ao piloto aínda consciente atado ao seu asento do cal tivo que ser liberado. Morreu posteriormente durante o traslado ao hospital.[9][10]

14 persoas en terra resultaron feridas.[11] 19 casas quedaron esnaquizadas no lugar do accidente, e sete máis quedaron danadas.[12] O aeroporto de Manas pechouse sendo todos os voos cancelados despois do sinistro.[13]

Notas editar

  1. Airfleets (ed.). "MyCargo Airlines TC-MCL (Boeing 747 - MSN 32897) (Ex 9V-SFL)". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  2. The Telegraph (ed.). "Turkish cargo jet crash kills at least 37 in Kyrgyzstan village". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  3. Russian Aviation Insider (ed.). "Turkish cargo Boeing 747 crashes near Bishkek". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  4. Comité Interestatal de Aviación (ed.). "Informe preeliminar" (PDF). Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  5. Flight Safety Foundation (ed.). "ASN Aircraft accident Boeing 747-412F TC-MCL Bishkek-Manas International Airport (FRU)". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  6. The Aviation Herald (ed.). "Crash: MyCargo B744 at Bishkek on Jan 16th 2017, impacted terrain on go around". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  7. AKIpress (ed.). "Разбившийся Боинг-747 не кружил в полосе ожидания, экипаж сразу решил совершить посадку, - замглавы "Кыргызаэронавигации"". Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  8. "The authorities of Kyrgyzstan: in the crash of Boeing killed 38 people | 24-my.info". web.archive.org. 2017-01-18. Archived from the original on 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 2018-12-21. 
  9. "Witnesses of Kyrgyzstan crash speak of loss, finding pilot". www.yahoo.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-21. 
  10. "The Aviation Herald". avherald.com. Consultado o 2018-12-21. 
  11. "Kyrgyzstan: Cargo Plane Crash Kills 37, Destroys Village - NYTimes.com". archive.is. 2017-01-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 2018-12-21. 
  12. "Belarus' First Deputy Foreign Minister signs Book of Condolences at Kyrgyzstan's embassy". eng.belta.by (en inglés). 2017-01-17. Consultado o 2018-12-21. 
  13. "Turkish cargo Boeing 747 crashes in Kyrgyzstan | Kyrgyzstan News | Al Jazeera". www.aljazeera.com. Consultado o 2018-12-21.