Voo 5022 de Spanair

O voo JK 5022 da compañía Spanair (voo en código compartido con Lufthansa LH255), un McDonnell Douglas MD-82, con orixe no Aeroporto de Barajas en Madrid e destino o aeroporto das Palmas de Gran Canaria (España) tivo un accidente durante o proceso de engalaxe o día 20 de agosto de 2008 ás 14:45 hora local (12:45 UTC). A aeronave caeu inmediatamente despois de engalar da pista 36L do Aeroporto de Barajas, converténdose no primeiro accidente con mortes na historia da compañía Spanair. Houbo 154 mortos e 18 feridos [1]. Este foi o accidente máis grave aéreo de España desde 1985.[2]

Voo 5022 de Spanair
O avión accidentado.
Resumo
Data  20 de agosto de 2008
Causa  Flaps e slats non estendidos
para engalaxe
Lugar  España Aeroporto de Madrid-Barajas.
Coordenadas  Coordenadas: 40°31′49″N 3°34′11″O / 40.530318, -3.569731
Orixe  España Aeroporto de Madrid-Barajas
Destino  España Aeroporto de Gran Canaria
Finados  154
Feridos  18
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-82
Operador  Spanair
Rexistro  EC-HFP
Pasaxeiros  162
Tripulación  10
Superviventes  18

Accidente editar

 
Localización do accidente.

As primeiras informacións afirmaban que a aeronave, que transportaba 172 persoas, das cales 162 eran pasaxeiros e 10, tripulantes, sufrira un aborto no primeiro intento por engalar dado que o piloto notara que un sensor daba unha temperatura excesiva nunha das tomas de aire, segundo informou Spanair, provocando un retardo de máis dunha hora na saída[3]. No momento do segundo intento por elevarse, a nave sufriu un incendio no motor dereito. Incapaz de gañar altitude, caeu nunha estrada paralela á pista, quebrándose en dúas partes[4].

Vítimas editar

De acordo co comunicado oficial, encontráronse 26 sobreviventes entre os restos do aparello[5][6][7], os cales foron levados a distintos hospitais da rexión; desgraciadamente, seis morreron antes de chegar ao hospital e, outro máis, morreu esa noite no hospital. Moitos dos dezanove sobreviventes estaban en estado crítico. Especúlase que o resto dos pasaxeiros morreron inmediatamente tralo accidente, no incendio posterior.

As primeiras reportaxes indicaron un número variado de vítimas, que foron variando continuamente ao longo do día.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar