Volusiano

emperador romano entre 251 e 253

Caio Vibio Volusiano foi un coemperador romano como césar (251 - 253).

Volusiano
Nome completoCaio Vibio Volusiano
Nacementoséculo III
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecementoagosto de 253
Lugar de falecementoTerni
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiTreboniano Galo
NaiAfínia Gemina Bibiana
CónxuxeMessia Decia
IrmánsVibia Galla
Período251 - 253
Cargoscoemperador romano
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Pouco se sabe da súa vida. Era fillo de Treboniano Galo, césar asociado, e de Afinia. Treboniano ocupou o trono imperial, no ano 251, tras a morte do emperador Decio e logo do falecemento, por enfermidade, do césar e fillo de Decio, Hostiliano, Treboniano asociou entón a seu propio fillo, Volusiano, como novo césar, e decontado, tamén como augusto.

Cando o gobernador da Panonia, Emiliano, se fixo proclamar emperador polas súas lexións, dirixiuse de inmediato cara a Italia. Na altura da Umbría atopouse co exército de Treboniano, que ía en compaña de Volusiano. As tropas destes abandonáronos e foron feitos prisoeiros, sendo logo executados Interamna (actual Terni).

Nomes sucesivos editar

  • Nace como : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus.
  • 251, como césar : Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Caesar.
  • 251, como augusto : Imperator Caesar Caius Vibius Afinius Gallus Veldumnianus Volusianus Pius Felix Invictus Augustus.