Volcán de Santa Margarida

Coordenadas: 42°8′31″N 2°32′29″L / 42.14194, -2.54139

O Volcán de Santa Margarida (en catalán: Volcà de Santa Margarida) é un antigo volcán da rexión volcánica de Olot, en Cataluña. Atópase no concello de Santa Pau, na provincia de Xirona, e forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.

Volcán de Santa Margarida.
Ermida de Santa Margarida, no cráter do volcán.

É un dos máis importantes do sector, de 682 metros de altitude, e a súa boca ten un perímetro de 2.000 metros. No centro do chairo formado polo cráter encóntrase a Igrexa de Santa Margarida, de orixe románico. A súa última erupción data de hai 11.000 anos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar