Voitre negro

ave da subfamilia dos voitres do Vello Mundo

O voitre negro[2] (Aegypius monachus) é unha ave da subfamilia dos voitres do Vello mundo (Aegypiinae), un dos poucos voitres que viven en Europa.

Voitre negro
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
(ou Accipitriformes, q.v.)
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Aegypiinae
Xénero: Aegypius
Savigny, 1809
Especie: A. monachus
Nome binomial
'Aegypius monachus'
(Linnaeus, 1766)
Área de distribución. En azul área de invernada..
Área de distribución. En azul área de invernada..

Área de distribución. En azul área de invernada..

Descrición editar

Mide ata máis dun metro de longo, cunha envergadura de ás de 250 a 295 cm. é un peso de 7 a 12 kg, o que o fai unha das aves voadoras máis pesadas é a falconiforme de maior tamaño. A plumaxe é uniformemente marrón escura, e ó lonxe parece negra. O pescozo, non moi longo, é rosa-azulado rodeado por plumas escuras. As ás son anchas e a cola ten unha lixeira forma de cuña. Non amosa dimorfismo sexual. Os inmaturos son algo máis escuros cós adultos.

Distribución e status editar

Viven no sur de Europa e na Asia central. En Europa encóntranse actualmente na Península Ibérica, en Mallorca, e no sur dos Balcáns. En Asia vive de Oriente Medio e norte da India ata o sur de Siberia, norte da China e Mongolia. Invernan no Sudán, no medio oriente, noroeste da India, Paquistán e Corea. As aves do sur de Europa son sedentarias; en Asia son en xeral as poboacións das zonas máis ó norte as que viaxan ó sur nos invernos fríos. Sobre todo en Europa reduciuse moito ou desapareceu en case tódalas áreas da súa antiga distribución. Xa non vive en Marrocos, Portugal, Italia a ex-Iugoslavia, Albania, Romanía, Moldavia e Israel.

En España a poboación medrou de 200 parellas reprodutoras en 1970 a case 1000 en 1992. En Mallorca hai unha organización para a protección da especie, que intenta tamén restablecela en Macedonia do Norte e o sur de Francia, mediante a solta de exemplares novos. En Mallorca había en 1991 uns 51 exemplares. En Grecia habería 16 parellas, unha en Bulgaria, de 3 a 6 na península de Crimea, na Rusia europea ó redor de 50. A situación en Asia é pouco coñecida. O IUCN calcula que a poboación total é de entre 7.200 e 10.000 parellas reprodutoras.

Viven en xeral en montañas e outeiros arborados, pero voan en campo aberto cando procuran alimento. En España prefire áreas de bosque mediterráneo; en Mallorca frecuenta os acantilados. Son máis axiña solitarios.

Alimentación e conduta editar

Estas aves preeiras aliméntanse de cadáveres de animais de tamaño mediano e grande. En ocasións, sobre todo no verán, cando falta o alimento, capturan lagartos ou tartarugas e nalgunhas ocasións pequenos mamíferos, coma esquíos e coellos. Ó redor dun cadáver é a variedade de voitre dominante. O seu bico forte permítelle comer partes duras coma músculos e coiros, cos que ás veces traga ósos pequenos. Evitan comer vísceras e expulsan as partes indixeribles en forma de egagrópilas.

Voa planeando, coa cabeza recollida e poucas veces bate as ás.

Reprodución editar

 
Aegypius monachus .

Son monógamos e fan os niños nas árbores, utilizan o mesmo niño, que van renovando ata que chega a ter un gran tamaño, varios anos. Non crían cada ano. A femia pon un ovo só, que incuban alternativamente os dous pais durante uns 55 días. Ata que o polo comeza a voar ten sempre a compañía dun adulto no niño.

Onomástica noutras linguas editar

  • Alemán: Mönchsgeier
  • Bielorruso: Chorni grif (Чорны грыф)
  • Búlgaro: Cheren lexoiad (Черен лешояд)
  • Catalán: Voltor negre
  • Inglés: Eurasian Black Vulture
  • Italiano: Avvoltoio monaco
  • Español: Buitre negro
  • Finlandés: Munkkikorppikotka
  • Francés:Vautour moine
  • Húngaro: Barátkeselyű
  • Neerlandél: Monniksgier
  • Polaco: Sęp kasztanowaty
  • Portugués: Abutre-fusco

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Josep del Hoyo, Andrew Elliot, Jordi Sargatal: Handbook of the birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Lynx Edicions, Barcelona, 1994. ISBN 84-87334-15-6

Ligazóns externas editar