Vladimir Vernadskii

Científico Ucraíno e Soviético, un dos fundadores da xeoquímica, bioxeoquímica e radioxeoloxía

Vladimir Ivanovich Vernadskii (ruso: Влади́мир Ива́нович Верна́дский; ucraíno: Володи́мир Іва́нович Верна́дський), nado en San Petersburgo o 29 de febreiroxul./ 12 de marzo de 1863greg. e finado en Moscova o 6 de xaneiro de 1945, foi mineraloxista e xeoquímico ruso[1], ucraíno,[2][3] e soviético, considerado un dos fundadores da xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía,[4] e fundador da Academia Ucraína das Ciencias.[5] É coñecido sobre todo polo seu libro de 1926 The Biosphere en que sen pretendelo contribuíu a popularizar o vocábulo biosfera cuñado por Eduard Suess en 1885, hipotetizando que vida é a forza xeolóxica que da forma á Terra. En 1943 recibiu o premio Stalin.

Vladimir Vernadskii
Nacemento28 de febreiro de 1863 e 12 de marzo de 1863
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento6 de xaneiro de 1945
Lugar de falecementoMoscova
CausaIctus
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso, República Russa, República Socialista Soviética Federativa de Rusia, Unión Soviética e República Popular de Ucraína
EtniaPobo ucraíno
Relixiónateísmo
Alma máterFaculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University, Imperial St. Petersburg University e Universidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónfilósofo, xeólogo, biólogo, bioxeoquímico, químico, profesor universitario, ecoloxista, xeoquímico, mineraloxista e mestre
PaiIvan Vernadsky
NaiAnna Petrovna
Cónxuxesen etiquetar
FillosGeorge Vernadsky e Nina Volodymyrivna Vernadska
PremiosPremio Estatal da URSS, Bandeira Vermella do Traballo, Order of Saint Anna, 2nd class, Order of Saint Stanislaus, 2nd class e Premio Stalin
Na rede
Facebook: VernadskyV Find a Grave: 20402 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Vladimir Vernadskii, estudante do Liceo de San Petersburgo, 1878

En 1885 graduouse en física e matemática pola Universidade de San Petersburgo, prolongando a súa formación durante os dous anos seguintes en diversas universidades europeas. A partir de 1890 foi profesor de mineraloxía e cristalografía na Universidade de Moscova, onde se doutorou en 1897. Membro da Academia Rusa de Ciencias dende 1912, traballou para esta institución ata a súa morte. Á vez foi fundador (1918) e primeiro presidente da Academia Ucraína de Ciencias. Por este e outros motivos é considerado compatriota tanto polos ucraínos como polos rusos.

Vernadskii foi discípulo de Vasili Dokuchaiev (1840-1903), fundador da edafoloxía, quen lle transmitiu unha comprensión integradora da natureza. Eduard Suess, que tamén fora influído por Dokuchaiev, forxou a palabra biosfera sen chegar a definila, sendo Vernadski quen a popularizóu no eido científico. Vernadskii é especialmente célebre polo seu libro A biosfera (1926), onde presenta a vida como a forza xeolóxica que dá forma á terra. Vernadskii foi fundador de varias novas disciplinas como a xeoquímica, a bioxeoquímica e a radioxeoloxía. Por darlle ao concepto de biosfera o seu contido actual, é considerado como un dos fundadores da ecoloxía e o pai da visión moderna do sistema Terra.[6]

Concibía a Terra como a superposición de cinco realidades integradas: a litosfera, entendida como esfera sólida da Terra; a atmosfera; a biosfera; a tecnosfera, o resultado da alteración producida polo home; e a noosfera, a esfera do pensamento. Á vez vía a historia do planeta como unha evolución autónoma con tres etapas dominadas respectivamente pola evolución xeolóxica, a evolución biolóxica e a evolución da cultura. Foi un dos primeiros científicos en recoñecer o osíxeno, nitróxeno e dióxido de carbono da atmosfera terrestre como resultado de procesos biolóxicos. Vernadskii observou a dependencia da composición atmosférica con respecto á actividade biolóxica, ofrecendo da Terra un concepto moi próximo ao proposto máis tarde por James Lovelock coa súa hipótese Gaia.[6][7]

Foi un dos primeiros científicos en recoñecer a radioactividade como fonte da enerxía térmica xeolóxica.[4][8]

Vladimir Vernadskii deixou unha grande estela de seguidores na Unión Soviética, a cal constituíu unha escola separada. A influencia de Vernadskii na ecoloxía occidental produciuse a través dalgúns dos seus discípulos, e da tradución ao inglés de dúas das súas obras: Geochemistry (1924) e The Biosphere (1926). Cómpre salientar a influencia das súas nocións sobre Teilhard de Chardin e Lyndon LaRouche, no que o uso do concepto de noosfera deriva directamente do de Vernadskii.[6]

Obras editar

  • Geochemistry, publicada en ruso en 1924.
  • The Biosphere, publicada en ruso en 1926.
  • Essays on Geochemistry & the Biosphere (recompilación dos seus ensaios, publicada en 2006)

Diarios editar

  • Dnevniki 1917–1921: oktyabr 1917-yanvar 1920 ("Diarios 1917–1921"), Kíiv, Naukova dumka, 1994, ISBN 5-12-004641-X, 269 pp.
  • Dnevniki. Mart 1921-avgust 1925 ("Diarios 1921–1925"), Moscow, Nauka, 1998, ISBN 5-02-004422-9, 213 pp.
  • Dnevniki 1926–1934 ("Diarios 1926–1934"), Moscova, Nauka, 2001, ISBN 5-02-004409-1, 455 pp.
  • Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 1, 1935–1938 ("Diarios 1935–1941 en dous volumes. Volume 1, 1935–1938"), Moscova, Nauka, 2006,ISBN 5-02-033831-1,444 pp.
  • Dnevniki 1935–1941 v dvukh knigakh. Kniga 2, 1939–1941 ("Diarios 1935–1941. Volume 2, 1939–1941"), Moscova, Nauka, 2006, ISBN 5-02-033832-X, 295 pp.

Notas editar

  1. "Большая российская энциклопедия". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2019. 
  2. "Honoring Vladimir Vernadsky: Russian-Ukrainian Scientist's 150th Year Wraps Up". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  3. Верна́дський Володи́мир Іва́нович Arquivado 01 de agosto de 2017 en Wayback Machine.. Універсальний Словник-Енциклопедія
  4. 4,0 4,1 Vladimir Ivanovich Vernadsky. Encyclopaedia Britannica
  5. Samson, Paul R.; Pitt, David C. (1999). The Biosphere and Noosphere Reader: Global Environment, Society, and Change. Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-16644-7. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. pp. 44–47. ISBN 978-84-7223-799-5. 
  7. Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2003). "8. El planeta Gaia". Captando genomas (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Kairós. pp. 178–87. ISBN 84-7245-551-3. 
  8. Margulis, Lynn; Sagan, Dorion (2009). "2". ¿Qué es la vida? (en castelán) (3ª ed.). Barcelona: Tusquets Editores S.A. p. 44. ISBN 978-84-7223-799-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar