Vizoño, Abegondo

parroquia civil do concello de Abegondo

San Pedro de Vizoño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Vizoño
Igrexa de San Pedro de Vizoño.
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°10′10″N 8°19′03″O / 43.16955344, -8.31738519Coordenadas: 43°10′10″N 8°19′03″O / 43.16955344, -8.31738519
Poboación185 hab. (2017)
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Mámoas editar

En Vizoño hai localizadas dezaoito mámoas de finais do neolítico e comezos da idade de bronce[2].

Doce delas na Malata, pertencen á necrópole do Abelar. A número 1 ten planta circular e non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Conservase regularmente, con degradación por traballos agrícolas e plantacións. A número 2 mide 14 m². A esta mámoa non se lle aprecian restos de estruturas pétreas e presenta a masa tumularia moi espallada como consecuencia dos traballos agrícolas, así como da construción dunha liña de alta tensión, que provocaron a colmatación do cono de violación. As números 3, 4, 5, 6, 7 e 9, esta última de 29 m², teñen a masa tumularia moi espallada como consecuencia dos traballos agrícolas, o que fai que o cono de violación se colmatara. Non se aprecian nin estruturas pétreas. A número 10 ten unha base de 20 por 20 metros, con planta circular no que non se aprecian nin restos de estruturas pétreas nin conos de violación. Atópase nun estado medio de conservación, en parte degradado polos traballos agrícolas e a plantación de montes de eucalipto. A número 11 mide 14 por 12 metros cadrados. A esta mámoa non se lle aprecian restos de estruturas pétreas e non presenta cono de violación. A número 12 ten planta circular. Non se aprecian nel nin estruturas pétreas nin conos de violación. Atópase nun estado medio de conservación, fundamentalmente modificado polos traballos da agricultura e a plantación de eucaliptos.

A mámoa da Brea, no lugar de Ribela, é tamén do neolítico-bronce, e está en mala conservación. Foi descuberta pola instalación do oleoduto no 1993. Está formado por unha coiraza pétrea que foi feita antes antes de ser construído o túmulo, cunha pequena capa de xabre e pequenas pedras de seixo. Nela recuperouse material lítico do calcolítico[2].

A mámoa de Vorducedo Pequeno ten 15 m². Este túmulo viuse afectado polas obras de construción do oleoduto, no 1993, circunstancia que se empregou para facer unha limpeza no perfil do mesmo, xa que tan só se conservaba a metade sur, constatando a existencia dunha coiraza pétrea e a preparación do chan previa á construción do túmulo cunha pequena capa de xabre e pequenas pedras de seixo. Tamén se recuperou algún material lítico e cerámico que semella pertencer ó calcolítico. Actualmente este xacemento está totalmente destruído.

A mámoa do Campo, no lugar de Campo, é do neolítico-bronce e de 25 por 25 metros. Non se lle aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación colmatado. As plantacións forestais e a agricultura téñeno degradado parcialmente.

A mámoa 1 de Carpeáns está no lugar da Travesa, cunhas dimensións de 28 por 23 metros. Este enterramento ten unha planta circular no que se aprecian restos de estruturas pétreas e un cono de violación central duns 4 metros de diámetro e medio metro de profundidade. Consérvase pesimamente polo camiño que lle pasa por riba e un valo de leiras cavado sobre deste. A mámoa 2 de Carpeáns está en Braña, e ten uns 25 m². Son unhas grandes dimensións nas que non se aprecian restos visíbeis de compoñentes pétreos. Aínda así, no arredor atópanse pedras de seixo de tamaño medio que poderían pertencer a unha coiraza. No seu interior aparece un gran cono de violación central de case 5 metros de diámetro e 1 metro de fondo. O estado de conservación non é bo por mor das construcións de valados próximos feitos con terras da mámoa.

A mámoa do Coruxeo está en Adrán. De planta circular, non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Atópase nun estado medio de conservación, fundamentalmente modificado polos traballos da agricultura e a plantación de eucaliptos.

En Vorducedo Pequeno atopáronse, próximo a unha das mámoas de Vorducedo Pequeno e vinculadas a este, varios materiais líticos e cerámicos da industria lítica, do neolítico (III milenio). Debido á construción do oleoduto atopáronse dous puntos nos que se recolleron catro fragmentos de cerámica lisa e catro líticos da prehistoria recente, inda que dunha idade indeterminada. O máis destacable é unha punta de frecha de base triangular con aletas feita en cuarzo de baixa calidade e con restos de córtex.

Minas de Titín editar

En Castromaior atopouse unha explotación mineira que non se pode determinar a que idade corresponde. Sería unha prospección mineira formada por un pozo e unha galería alienados, xa cegados arestora. Tense constancia da desaparición dunha cova nese lugar despois da construción da AP-9.[2].

Castros editar

 
Castro de Vizoño.

Hai restos de tres poboados castrexos:

O Castro Maior, tamén chamado Coto da Cerca, está no lugar de Torreira. Creado na idade de ferro, foi romanizado, e mide uns 150 metros por 160 metros. É unha croa circular, defendida por un parapeto dun amplo tamaño, duns 8 metros de alto por 20 de longo. Agás polo sueste abrindo un acceso a un antecastro, un foxo rodea a todo o recinto. Este foxo está defendido por un parapeto, agora xa deteriorado. Os dous recintos están aínda defendidos por outro parapeto, maior, que os rodea completamente, inda que só ten agora unha altura de medio metro pola degradación de traballos forestais. Aínda que case completamente destruído, apreciouse que restan partes doutro parapeto maior que completaría o sistema defensivo. A conservación do castro é media, degradándose en 1974 por mor dunha pa mecánica que achanzou a croa[2].

O Castro de Vizoño, no lugar de Castro, foi un asentamento fortificado construído na idade ferro-romana. É un pequeno recinto, de 120 por 120 metros, de planta circular, e que está definido por un parapeto reforzado por un foxo cara ao norte e nordés. Ao leste o xacemento presenta algunhas modificacións por se ter construído casas recentemente. Cara a outros lados, o castro viuse alterado polo camiño e a estrada[2].

O Castro grande de Alcaiana, ou castro da eira do Coto, na Malata, é un asentamento fortificado de planta circular, duns 120 por 140 metros, da idade ferro-romana. Ten un alto parapeto e unha plataforma exterior acaroada polo sueste, que se defende cunha dobre liña de muros e un foxo polo medio destes. No norte e oeste a caída natural do terreo xa o delimita[2].

Calzada Alcaiana editar

No lugar de Alcaiana, na Malata, atopáronse 216 metros de restos de calzada romana, de catro a seis metros de ancho, e que conectan como un ramal a oppida das Travesas (Carral) coa rede viaria xeral, a Vía XX.

A Torre editar

No Abelar identificouse un posible asentamento fortificado da idade media e do que se sospeitou da súa existencia polo topónimo, rexistrado nos catastros do concello.

Igrexa de San Pedro de Vizoño editar

 
Igrexa de San Pedro de Vizoño.
 
Cemiterio e nova igrexa aberta.

A Igrexa de San Pedro está na Fraga. É dunha soa planta rectangular e cunha soa nave. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal, e aos seus pés ten un coro. A decoración interior é sinxela, e igualmente a exterior é mínima e sobria. Na porta da entrada hai un oco pequeno, rachando a cornixa, e unha pequena espadana dobre, que acaba en pináculos con bolas.

O novo cemiterio que se fixo arredor da igrexa é en forma de nave industrial formando unha nova nave basilical, amparando so nichos. Na parcela da igrexa, está o adro e uns xardíns, hai unha pía bautismal histórica e un cruceiro[3].

Cruceiro de San Pedro de Vizoño editar

Na Fraga, diante da igrexa no adro, está este cruceiro de lousa. Aséntase nunha plataforma de formigón con varal de sección octogonal irregular de lousa. A cruz é do mesmo material e non ten capitel nin imaxinería[3].

Ermida da Quinta Angustia editar

 
Ermida da Quinta Angustia.

No Fondo da aldea está esta pequena capela. É de planta rectangular e cunha soa nave con cuberta de dúas augas. Os muros son revocados e pintados en cor branca. A espadana é dun só oco. A porta ten un lintel e a fiestra é semicircular[3].

O Cruceiro da Quinta Angustia editar

O cruceiro da Quinta Angustia está no Fondo da aldea. Ten unha plataforma cuadrangular de dous grados de formigón. O pedestal é de granito e ten unha forma trontopiramidal un tanto irregular. O varal é de sección cadrada e con chafráns e o capitel é cuadrangular con molduras. A inscrición que ten o cruceiro é do ano 1952. A cruz que loce é de sección octogonal e de tipoloxía celta[3].

Casa reitoral de San Pedro de Vizoño editar

En praderías dos Currás áchanse restos do que foi a reitoral. Só se conservan muros que mostran que tivo unha planta irregular. Arestora está abandonada[3].

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vizoño editar

Lugares da parroquia de Vizoño no concello de Abegondo (A Coruña)

Balvís | O Carballal | O Castro | A Cruz | Os Currás | Ferrás | Fondo da Aldea | A Fraga | Gudín | A Malata | O Penedo | Pociñas | O Pozo | A Ribela | O Seixo | Su a Ermida | A Tarroeira | As Valadas | A Verdella | O Vilar | Vorducedo Grande | Vorducedo Pequeno

Parroquias de Abegondo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar