Bivaque

(Redirección desde «Vivac»)

Chámase bivaque[1] á práctica de durmir nun ascenso, nun campamento provisional de tropas, excursionistas ou escaladores para pasaren a noite ao aire libre, xeralmente aproveitando un abrigo natural. Un erro de cálculo, unha tormenta, un accidente ou o pracer de durmir na ascensión poden levar a facer bivaque, pero calquera montañeiro ao emprender un ascenso debe estar preparado e equipado para durmir nun ascenso.

Bivaque na neve en Benediktenwand, Alemaña.
Nómades preto de Namtso, no Tíbet.

O saco e a colchoneta ou illante son as pezas fundamentais do equipo de bivaque. O saco de bivaque é un saco impermeable que pode usarse só ou sobre á bolsa de durmir, a súa función é impedir que o corpo se molle e illar o vento. A colchoneta ou illante é un ferro de goma utilizada para illar a humidade e o frío do chan.

Hai varias técnicas para facer vivac que varían dependendo do clima e a situación xeográfica, polo xeral hai unha gran cota de improvisación na construción dun campamento de urxencia con elementos da natureza, xa sexa cavando un pozo na neve, utilizando troncos, rochas ou calquera elemento dispoñible para facer a noite máis confortable. Xeralmente recoméndase ademais do saco e a esterilla levar roupa seca de recambio, lanterna e alimentos.

Hai pobos nómades que practican bivaques tradicionais, por exemplo entre o pobo tibetano. Os bivaques de hoxe adoitan incorporar elementos que aumentan a comodidade, como hamacasou tendas de campaña verticais (portaledges).

Termo editar

A palabra bivaque en castelán ten outra variante en desuso ou rexeitada, vivaque.[2] Provén do francés e inglés bivouac, (coloquialmente bivy)[3] á súa vez derivado dun termo en linguas xérmánicas, proveninte de bi*-watch (garda próxima), que hoxe se mantén en holandés como bijwatch e en alemán como beiwatch.[4] Beiwatch provén directamente do termo suízo alemán do século XVIII, porén hoxe en Suíza usan o termo boofen.

Notas editar

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-23. 
  2. "bUSCatermos; bivaque". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-08-23. 
  3. "bivouac - English-Spanish Dictionary - WordReference.com". www.wordreference.com. Consultado o 2022-08-23. 
  4. "VIVAQUE". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-08-23. 

Véxase tamén editar