Visión escotópica


Visión escotópica (do grego skotos: escuridade e -opia: relacionado coa visión) é a visión producida polo ollo en condicións de pouca luz, é dicir, a percepción visual que se produce con niveis moi baixos de iluminación.[1] A agudeza visual é baixa e a recepción de luz é principalmente cos bastóns da retina, que son sensíbeis á cor azul do espectro (e polo tanto, cego ao roxo/vermello).[2] Non é posible a discriminación da cor neste tipo de visión: é unha visión monocromática.

Exemplos simulados de visión en condicións de baixa luminosidade. Arriba, humano; abaixo, gato
Espectro electromagnético visíbel polo ollo humano.
Gráfico que mostra os valores escotópicos da función de luminosidade (CIE 1951). O eixe horizontal é lonxitude de onda, en nm.
Comparación da eficacia relativa da visión fotópica e escotópica en función da lonxitude de onda da luz.

Fisioloxía editar

Na retina do ollo humano existen dous tipos de células receptoras, sensíbeis á zona do espectro electromagnético coñecida como luz: os bastóns e os conos. Ambos posúen propiedades distintas e operan baixo condicións diferentes. Hai só un tipo de bastóns que operan baixo condicións de baixa luminosidade e tres tipos de conos cuxa preferencia é á alta intensidade de luz.

Outra característica da visión escotópica é que, como os bastóns se atopan na periferia da retina (a uns 6º da fóvea), é unha percepción visual periférica.

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Imagen Digital. Notas y apuntes sobre diseño gráfico. "Copia arquivada". Archived from the original on 12 de xuño de 2007. Consultado o 16 de xaneiro de 2022. 
  2. Carlos Laszlo Lighting Design & Asoc. Consultora Luminotécnica.