Viminacium

cidade romana en Moesia (actual Serbia)

Viminacium[1] foi unha importante cidade romana (capital provincial) na provincia de Moesia (a actual Serbia), e a capital de Moesia Superior.[2] Viminacium foi o campamento base da Legio VII Claudia, e anfitrioa durante algún tempo da IV Flavia Felix. Foi destruída polos invasores bárbaros.

Antoniniano da ceca de Viminacium baixo Pacatiano para celebra-lo milenario de Roma.

O lugar é un xacemento arqueolóxico que dende 2018, tense escavado entre un 3-4%.[3]

O sitio atópase a uns 12 km da moderna cidade de Kostolac, unha pequena localidade no leste de Serbia ás beiras do Danubio.

Escavación arqueolóxica en Viminacium.

Notas editar

  1. "URBES et LOCA. MOESIA SUPERIOR - MOESIA INFERIOR - DACIA". roma-victrix.com (en inglés). Archived from the original on 22 de outubro de 2006. Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  2. Pejović, Darko (22 de abril de 2018). "Srbija leži na turističkoj imperiji". politika.co.rs/ (en serbio). Consultado o 13 de febreiro de 2021. 
  3. Sretenović, Mirjana (24 de abril de 2018). "Istraženo svega tri odsto Viminacijuma". politika.rs (en serbio). Consultado o 13 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar