Villar del Humo

municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha

Villar del Humo é un municipio español da provincia de Cuenca, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Situado na Serranía de Cuenca, ten unha poboación de 173 habitantes segundo o INE de 2021, que se ve notabelmente incrementada no mes de agosto.

Modelo:Xeografía políticaVillar del Humo
Imaxe

Localización
Mapa
 39°52′18″N 1°37′38″O / 39.8717, -1.6273Coordenadas: 39°52′18″N 1°37′38″O / 39.8717, -1.6273
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Cuenca Editar o valor em Wikidata
CapitalVillar del Humo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación186 (2023) Editar o valor em Wikidata (1,24 hab./km²)
Xeografía
Superficie150 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude989 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal16370 Editar o valor em Wikidata
Código INE16258 Editar o valor em Wikidata

Son destacábeis as súas pinturas rupestres, declaradas Patrimonio da Humanidade, aínda que algunhas delas sufriron danos humanos nos últimos anos.

As festas patronais son a primeira fin de semana de outubro (e o luns e o martes seguinte) na honra á Virxe do Rosario e a primeira semana de agosto na honra ao San Roque.

Pinturas rupestres editar

 
Pena El Escrito I

Villar del Humo está rodeada polas serras de Albarracín e de Mira e pola Serranía de Cuenca. O termo municipal abrangue doce xacementos de rupestres que corresponden a dous dos principais estilos do Holoceno: a arte levantina (10 000 anos antes do presente) e a arte esquemática ibérica (6 500 anos antes do presente).

O descubrimento destas xoias pictóricas remóntase a 1917. O axudante de enxeñaría de montes Enrique O'Kelly, con outras xentes do lugar, atopou na chamada Peña del Escrito dous frisos con arte. Eses anos, Eduardo Hernández Pacheco, Francisco Benítez Mellado (debuxante) e F. H. Pacheco de la Cuesta (axudante) descubriron o abrigo de Selva Pascuala, a Fuente da Selva Pascuala e a Cueva del Bullón.

Pasaron case 50 anos, até 1968, até descubrirse un novo panel pintado, proba do esquecemento que sufriu este núcleo rupestre. O mestre da vila, Amado Ruiz Ferrer e algúns alumnos seus, J. P. Ruiz, C. Ramiro, C. Esteban, C. Ruiz e J. J. Ramons, quen conformaban o "Grupo 278", descubriron novas pinturas dentro do programa Operación Rescate. Foron concretamente catro abrigos: tres na zona do Vallejo de Marmalo (III, IV, V) e un cuarto na de Castellón de los Machos. En 1979 César López, veciño da vila, comunicoulle a Anna Alonso Tejada a existencia de posíbeis pinturas que, tras a inspección oportuna, forneceron dous paneis pintados, a Peña del Castellar. A arqueóloga tamén soubo de dous novos abrigos na zona de Marmalo, bautizados como Marmalo I e II. Dita información foi fornecida en 1982 polos seus descubridores, Manfred e Katja Bader, afeccionados á arte levantina.

En 1988 e 1989 a Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha encargou o inventario dos xacementos con Arte Prehistórica de Cuenca. Fixéronse cargo A. Alonso Tejada e Alexandre Grimal Navarro.

As manifestacións de arte rupestre sitúanse en abrigos ou refuxios ao aire libre xunto a diversos cursos de auga. As paraxes son: Peña del Escrito, Rambla del Anear, Selva Pascuala, Cueva del Bullón, Marmalo, Castellón de los Machos e Peña del Castellar.

O caso da arte levantina (10 000 anos antes do presente) é unha mostra da expresión dos últimos cazadores-recolectores, baseada en representacións figurativas: arqueiros, cérvidos, bóvidos e algunha figura feminina. Canto á arte esquemática (6 500 anos antes do presente), de autoría neolítica-bronce, pintáronse motivos abstractos e algúns, os menos, con afastadas referencias á figuración: puntiformes, barras, zoomorfos, serpentiformes ou antropomorfos, entre outros.

Todas estas expresións pictóricas constitúen a demostración da capacidade intelectual dos grupos humanos prehistóricos, as súas crenzas e a súa concepción plástica e estética. O seu valor extraordinario mereceu a declaración de Patrimonio da Humanidade en 1998 pola Unesco.

Son escasas as investigacións sobre a arte rupestre levantina e esquemática do núcleo de Villar del Humo. Destacan os estudos monográficos de Eduardo Hernández Pacheco, Anna Alonso Tejada e Alexandre Grimal. Outros autores, como Francisco Jordá ou Antonio Beltrán, traballaron temas específicos dalgún dos abrigos.[1]

Parque cultural editar

 
Panorámica da Torre Balbina

O 3 de maio de 1995 inaugurouse o Parque Cultural de Villar del Humo coa participación de Antonio Beltrán, especialista en Arte Rupestre Levantino. O Parque, que protexe e difunde tanto o patrimonio histórico como o natural e o etnográfico da rexión, conta con varios itinerarios sinalizados para facilitar as visitas aos abrigos.

O Parque foi creado polo Concello en colaboración coa Asociación Cultural Kelatza, creada en setembro de 1993 co fin de recuperar as tradicións de Villar del Humo e de velar pola conservación da contorna natural e cultural da zona.[2]

Notas editar

  1. Fuentes: Associació Catalana d´Art Prehistòric.
  2. "Web de Kelatza". www.kelatza.com. Consultado o 2022-06-24. 

Ligazóns externas editar