Coordenadas: 41°54′30″N 12°28′57″L / 41.90827, 12.48252

A Villa Medici é unha vila manerista[1] e un complexo arquitectónico cos xardíns Borghese no Pincio, preto da igrexa Trinità dei Monti en Roma, Italia. A Villa Medici, fundada por Fernando I de Medici e no presente propiedade do estado francés, foi a sede da Academia Francesa en Roma dende 1803. Unha evocación musical dos seus xardíns aparece no poema sinfónico de Ottorino Respighi Fontane di Roma.

Villa Medici en Roma.

Historia editar

 
Xardín da Villa Medici en Roma pintado por Diego Velázquez.

Na Antigüidade, o terreo onde se ergue a Villa Medici formaba parte dos Xardíns de Lúculo, que pasaron pola mans da familia imperial a través de Mesalina, muller de Claudio, que foi asasinada alí.

En 1564, cando os sobriños do Cardeal Giovanni Ricci de Montepulciano adquiriron a propiedade, esta estaba abandonada á viticultura había moito tempo. A única habitación era o pavillón do Cardeal Marcello Crescenzi, o cal mantiña aquí un viñedo, comezando a facer melloras na vila baixo a dirección do florentino Nanni Lippi. Porén, Lippi finou antes de que as obras tiveran comezado. Os novos propietarios contrataron a Annibale Lippi, fillo do falecido arquitecto, para continuar o traballo. Intervencións de Michelangelo son unha tradición.

En 1576, a propiedade foi adquirida polo Cardeal Fernando de Medici, o cal concluíu a estrutura segundo deseños de Bartolomeo Ammanati. A Villa Medici converteuse na única propiedade dos Medici en Roma. Foi concibida para dar expresión concreta á ascendencia da familia entre os príncipes italianos e afirmar a súa presenza permanente en Roma. Baixo a insistencia do Cardeal, Ammanati incorporou no deseño baixorrelevos e estatuas romanos. Como resultado, as fachadas da Villa Medici convertéronse nun museo virtual ee espazo aberto. Unha serie de grandes xardíns lembraban os xardíns botánicos creados en Pisa e Florencia polo pai do Cardeal, Cosme de Medici, protexidos en plantacións de piñeiros, alciprestes e carballos.

Notas editar