Vilaselán, Ribadeo

parroquia civil do concello de Ribadeo

Santa María de Vilaselán é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Segundo o censo de 2007, tiña 412 habitantes[2] (403 en 2004), repartidos en dous lugares (As Trancoeiras e Xan de Abaixo) e 14 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 390 habitantes, sendo 185 homes e 205 mulleres.

Vilaselán
Vista frontal da igrexa
ConcelloRibadeo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°32′53″N 7°02′57″O / 43.54798775, -7.04905635Coordenadas: 43°32′53″N 7°02′57″O / 43.54798775, -7.04905635
Poboación375 hab. (2020)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

As entidades de poboación so: As Barreiras (26), O Campoxurado (39), O Cargadoiro (27), As Casas de Abaixo (5), O Circo (30), A Cruz (20), A Eirexa (29), O Espín (16), Os Galos (128), A Granxa (abandonado), A Lodeira (13), Outeiro (7), A Senra (12) e A Torre (38).

Xeografía editar

A parroquia ten unha superficie de 2,12 km²[2], cunha densidade media de 190,1 hab./km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Ove e Vilausende, ao leste con de Piñeira e Ribadeo, e ao oeste con Vilaframil e Rinlo. Pertencente o arciprestado de Ribadeo e é anexa da parroquia de San Xoán de Piñeira.

Nun dos extremos atópase a Illa Pancha que vixía a entrada da enseada de Vilaselán, e polo outro extremo a entrada da ría de Ribadeo. Tamén pasa polas súas estremas o río de Vilaselán. E pódese apreciar dende as dúas derradeiras décadas do século XX a absorción dalgunhas aldeas pola expansión da vila de Ribadeo, como A Eirexa, A Senra, O Circo e algunha outra máis.

Historia editar

O nome parece provir dun composto por Vila (do latín villa 'Casa de Campo') e Selán (nome de posesor xermánico latinizado Selanus), no caso xenitivo, Villa [domini] Selani. Coa caída do -i final dá a súa forma actual, Selán.[3]

 
Igrexa de Vilaselán, Ribadeo. Ofrendas de maquetas de barcos

Patrimonio editar

O máis característico é a Igrexa de Santa María de Vilaselán, do século XVIII. Nunha aldea próxima está a Capela de San Miguel.

No territorio aséntanse varios castros, como o Castro das Grobas[4] e o de Louselas. Neste apareceron restos paleolíticos (achelense) e un torques celta achado en 1872[5]. Aínda en fase da avaliación, considerase un asentamento de grande importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento. Algúns foron trasladados o museo de Vilalba.

Festas e lecer editar

 
Vista lateral da igrexa. Apréciase a porta de entrada usada habitualmente.

Celébranse as Festas da Virxe o 10 de abril. Nelas venérase con gran devoción (principalmente entre os mariñeiros), a imaxe da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Tamén son celebradas as Festas de Santo Antón, que teñen lugar o 13 de xuño.

Pódese destacar que se están comezando a urbanizar os extremos do norte da parroquia, onde está xa rematado gran parte do paseo marítimo.

Asociacionismo editar

A parroquia dispón dende hai tempo dunha asociación de veciños, a a. VV. Virxe de Vilaselán, que no 2019 está en risco de disolución por falta de rexeración da directiva.[6]

Galería fotográfica editar

Lugares de Vilaselán editar

Lugares da parroquia de Vilaselán no concello de Ribadeo (Lugo)

As Barreiras | O Campoxurado | O Cargadoiro | As Casas de Abaixo | O Circo | A Cruz | A Eirexa | O Espín | Os Galos | A Granxa | A Lodeira | O Outeiro | A Senra | A Torre | As Trancoeiras | Xan de Abaixo

Parroquias de Ribadeo editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. 2,0 2,1 "Vilaselán. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Consultado o 2019-01-04. 
  3. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 
  4. Rodríguez Díaz, José María, ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086. 
  5. "Patrimonio. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-04. 
  6. "Llamada de urgencia a renovar la asociación de vecinos". La Comarca del Eo. 16/02/209. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar