Vilalonga, Sanxenxo

parroquia civil do concello de Sanxenxo

San Pedro de Vilalonga é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.261 habitantes (1.140 mulleres e 1.121 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2011, cando tiña 2.312 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 2.287.

San Pedro de Vilalonga
Igrexa parroquial
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°26′06″N 8°50′23″O / 42.435, -8.83972222Coordenadas: 42°26′06″N 8°50′23″O / 42.435, -8.83972222
Área5,4 km²
Poboación2.261 hab. (2016)
Densidade418,7 hab./km²
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Vilalonga comprende tamén a extinguida parroquia de San Tomé de Gondar.

Limita ó norte coa ría de Arousa, ó sueste coa parroquia de Gondar, e ó suroeste coa de Noalla. A superficie da parroquia é de 5,4 km 2 (incluíndo Gondar), distribuídos en 19 entidades de poboación.

Patrimonio editar

Na igrexa parroquial houbo un baldaquino do que se conservan tres paneis, que foron cedidos en 1895 á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e que hoxe forman parte dos fondos do Museo de Pontevedra. Nun deles represéntase a Anunciación, noutro a Adoración dos Reis e no terceiro a torre dun castelo, flanqueada polas chaves que simbolizan a San Pedro, e dous escudos nos extremos.

Próximos á igrexa de San Pedro e no lugar do Rebel hai dous pazos, ámbolos dous dos séculos XVI-XVII:

  • Pazo dos Pardo, con brasón dos Figueroa. Posúe unha pequena capela neoclásica.
  • Pazo do Rebel, hoxe reconvertido en hotel. Posúe un escudo dos Valladares e Rivera. Di a tradición que o nome lle vén dun conde, chamado Hermenegildo, que se rebelou ó reclamar a propiedade das salinas da Lanzada.

No mesmo lugar e fronte ós pazos, levantouse en 2011 o centro de saúde.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Vilalonga editar

Lugares da parroquia de Vilalonga no concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Altamira | A Arnosa | A Bruñeira | O Carballal | O Castro | A Costiña | O Cruceiro | O Empalme | A Fianteira | O Freixo | O Igrexario | Lagarei | Piñeiros | O Rebel | Rouxique | A Salgueira | Tourada | A Touticeira | Vilar

Parroquias de Sanxenxo editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo

Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar