Vigo, Vigo

entidade singular no concello de Vigo
(Redirección desde «Vigo Centro, Vigo»)

Vigo[2], ás veces tamén Vigo Centro, é unha entidade singular, a efectos censuais[2], e unha cidade do concello de Vigo que limita coas parroquias de Alcabre, Navia, Matamá, Castrelos, Freixeiro, Sárdoma, Lavadores, Candeán e Teis.

Vigo
A cidade de Vigo
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación198.293 hab. (2022)
Entidades de poboación0[1]
editar datos en Wikidata ]

Demografía editar

Segundo o IGE, no ano 2022, tiña 198.293 habitantes (92.401 homes e 105.892 mulleres)[2].

Xeografía editar

Abrangue o espazo das vellas parroquias de Santa María de Vigo e Santiago de Vigo, xunto co resto de territorio que foi absorbendo a cidade, en detrimento das vellas parroquias. No IGE tamén se computan os habitantes doutras parroquias históricas, como Coia e Bouzas [2], ademais de barrios novos como Balaídos, A Dobrada, O Calvario, As Travesas, A Florida, San Paio, San Xoán do Monte... O Nomenclátor de Galicia non o recolle[3].

Monumentos editar

Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Barrios da cidade de Vigo no concello de Vigo (Pontevedra)

Balaídos | O Berbés | Beiramar | O Calvario | Os Caños | Casabranca | O Chouso | A Dobrada | Os Esturáns | A Espedrigada | O Espiñeiro | Ferrería | Figueirido | Os Foxos | A Guía | Guixar | Maceiras | A Oliveira | Peniche | Pousafoles | Quintela | O Resío | A Rola | Santa Trega | Seara | O Toural | As Travesas


Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Ligazóns externas editar