Videochat

forma de comunicación síncrona

O videochat é unha variación dos servizos de chat tradicionais, que permite a comunicación a través de Internet entre varios usuarios, con recursos de son e vídeo.

Videochat directo.

Existen basicamente dous enfoques na implantación de videochat, cada un seguindo o estilo dos dous modos principais de chat: IRC e mensaxería instantánea. No primeiro dos casos, un número arbitrario de usuarios son agrupados nunha serie de salas ou canles, e realizan unha comunicación baseada no multidifusión, é dicir, emítese a información de forma que sexa accesible a todos os usuarios da canle, aínda que a comunicación privada é, ás veces, unha opción. A outra visión sería a de videoconferencia, no sentido tradicional, no que dous usuarios estabelecen comunicación de forma directa, coa posibilidade de comunicarse a través de texto.

O videochat baseado na multidifusión adoita ser elixido polos sitios web que permiten videochat on-line, xeralmente executado coa tecnoloxía Flash Video, aínda que haxa tamén un software especializado.

O videochat en directo é habitual en programas de mensaxeiría instantánea como o MSN Messenger, Yahoo! Messenger ou Skype.