Vida Gallega

Revista mensual gráfica galega do primeiro terzo do século XX

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Vida Gallega
PaísEspaña
Lugar de publicaciónVigo
Lingualingua castelá
Fundación1909
Circulación
ISSN9958-9028
Na rede
Galiciana: 3983
editar datos en Wikidata ]

Características editar

 
Redacción de Vida Gallega en 1909. José Gil Gil, Juan Tato Lens, Jaime Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.

Apareceu co carácter de "ilustración regional" e co afán de dotar a Galicia dunha revista gráfica de prestixio e calidade. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía.[1] Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos (Portugal, Madrid, Suramérica). Entre os seus colaboradores estiveron Eduardo Padín cos seus debuxos (foi subdirector entre 1924 e 1927) e Manuel Lustres Rivas.

Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquiriu a revista. Nesta etapa editáronse 77 números e estivo dirixida por Fabriciano Fernández Serra. A fins de 1956 a sede trasladouse á cidade de Lugo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar