Victoria Woodhull

sufraxista estadounidense

Victoria Claflin Woodhull, máis tarde coñecida como Victoria Woodhull Martin, nada o 23 de setembro de 1838 e finada o 9 de xuño de 1927, foi unha líder do movemento polo sufraxio feminino nos Estados Unidos.

Infotaula de personaVictoria Woodhull

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Victoria California Claflin Woodhull Blood Martin Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Victoria California Claflin Editar o valor em Wikidata
23 de setembro de 1838 Editar o valor em Wikidata
Homer, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 1927 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Bredon, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTewkesbury (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncorretor de bolsa (pt) Traducir , xornalista , activista polos dereitos das mulleres , política , sufraxista , editora literaria , escritora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEqual Rights Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Martin (pt) Traducir (1883–1897), morte do cónxuxe
James Blood (pt) Traducir (1866–1876)
Canning H. Woodhull (en) Traducir (1853–1865), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosByron Woodhull (en) Traducir, Zula Maud Woodhull (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTennessee Celeste Claflin Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Claflin-804 Find a Grave: 8616083 Editar o valor em Wikidata

En 1872, Woodhull converteuse na primeira muller en presentar a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos. Ademais do seu labor como activista a prol dos dereitos das mulleres e das reformas laborais, Woodhull apoiaba o amor libre, que para ela significaba ter liberdade para casar, divorciarse e ter fillos sen a interferencia do goberno.

Woodhull pasou dúas veces da pobreza á riqueza: a primeira vez, cultivou un grande éxito grazas ó seu traballo coa magnetoterapia, e a segunda vez, na década de 1870, logo de unirse ó movemento espiritualista, fixo unha fortuna como corredora de bolsa en Nova York.[1][2] Aínda que a autoría de varios dos seus artigos está en disputa (algúns dos seus escritos e discursos foron colaboracións entre ela, os seus axudantes e o seu segundo esposo, o coronel James Blood), o seu rol como representante dos movementos sociais polo voto feminino e demais causas a prol dos sectores desfavorecidos foi moi poderoso.[3] Xunto coa súa irmá Tennessee Claflin, foi a primeira muller que operou unha financeira en Wall Street, e ambas foron das primeiras mulleres que fundaron un xornal, Woodhull & Claflin's Weekly, que comezou a publicarse en 1870.[4]

A principios da década de 1870, na súa etapa política máis activa, Woodhull adquiriu notoriedade como a primeira muller que presentou a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos, como representante do partido Equal Rights, que avogaba polo sufraxio feminino e a igualdade de dereitos. Días antes das eleccións, foi acusada de obscenidade por publicar un artigo sobre o suposto romance adúltero entre o prominente ministro Henry Ward Beecher e Elizabeth Tilton e arrestada, o que sumou unha gran cobertura nos medios á súa candidatura. Non recibiu votos electorais e non se sabe con seguridade se obtivo algún voto popular.

As reformas e os ideais de Woodhull para a clase traballadora, en contraposición ó que ela vía como a elite corrupta e capitalista, eran moi controvertidos e extremistas na súa época. Varias xeracións despois, moitas destas reformas foron implementadas e algunhas das súas ideas e suxestións aínda están en debate.

Notas editar

  1. Johnson, 1956, p. 46
  2. Johnson, 1956, p. 46-47
  3. Johnson, 1956, p. 86, p. 87
  4. The Revolution, un xornal semanal fundado por Susan B. Anthony e Elizabeth Cady Stanton, comenzara a ser publicado dous anos antes, en 1868.