Victor Young

compositor estadounidense

Victor Young, nado en Chicago (Illinois) o 8 de agosto de 1900 e finado en Palm Springs (California) o 10 de novembro de 1956[1][2] foi un compositor, violinista e director de orquestra estadounidense.

Victor Young
Nome completoAlbert Victor Young
Nacemento8 de agosto de 1900
 Chicago (Illinois)
Falecemento10 de novembro de 1956 (56 anos)
 Palm Springs (California
Causahemorraxia cerebral
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Instrumento(s)Violín, piano
Parella/sRita Kinel (1922-1956)
PremiosOscar á mellor banda sonora
1956 - A volta ao mundo en oitenta días
Globo de Ouro á mellor banda sonora
1951 - September Affair
Emmy á mellor banda sonora de programa dramático ou de variedades
1955 - Light’s Diamond Jubilee
Na rede
IMDB: nm0000082 Allocine: 39126 TCM: 211433 TV.com: people/victor-young-2 IBDB: 12609
Spotify: 0Z2chZ8kLIlhDESSIOw2yY Musicbrainz: 338f9d5d-9327-4f01-bb99-0cdf22c48565 Songkick: 82958 Discogs: 370725 IMSLP: Category:Young,_Victor Allmusic: mn0000959775 WikiTree: Young-13214 Find a Grave: 8003 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Young naceu nunha familia de músicos, pois o seu pai foi membro da compañía de ópera de Joseph Sheehan. Comezou a tocar o violín aos seis anos e mandárono a Polonia con dez anos para quedar co seu avó e estudar no Conservatorio Imperial de Varsovia. Estudou piano con Isidor Philipp en París e sendo un adolescente iniciou unha carreira como violinista de concertos coa Filharmónica de Varsovia.

En San Petersburgo coñeceu o tsar Nicolao, que quedou tan impresionado que lle deu moitos regalos, mais o seu éxito acabou coa revolución. Foi perseguido polos bolxeviques, e foi condenado a morte. Tras unha fuxida chegou a Varsovia, logo a París e por fin aos Estados Unidos.[3]

Volveu a Chicago en 1920 e uniuse á orquestra do Central Park Casino. Marchou logo aos Ánxeles coa súa moza polaca, atopando traballo como violinista para Sid Grauman e logo con Paramount-Publix Theatres. Tras volver a Chicago volveu a Hollywood a mediados da década de 1930 onde se concentrou no seu traballo cinematográfico e compoñendo para cantantes populares como Bing Crosby. Entre as súas cancións destacaron "When I Fall In Love", "Moonlight Serenade (Summer Love)" e "My Foolish Heart".

Young finou en Palm Springs (California por mor dunha hemorraxia cerebral aos 56 anos. Gañou postumamente o Oscar á mellor banda sonora.

Filmografía editar

Notas editar

  1. "Victor Young, Composer, Dies of Heart Attack", Oakland Tribune, 12 de novembro de 1956.
  2. Slonimsky, Nicolas (1978). "Young, Victor". En Schirmer Books. Baker's Biographical Dictionary of Musicians (6th ed.). Nova York. p. 1929. ISBN 0028702409. 
  3. "A New Jewish Violin Genius" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Daily Jewish Courier, 14 de outubro de 1920.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar