Viciebsk

cidade de Belarús, capital da rexión de Viciebsk

Viciebsk (en belaruso: Ві́цебск, en łacinka: Viciebsk, pronunciado [ˈvʲitsʲepsk]; en ruso: Ви́тебск, pronunciado [ˈvʲitʲɪpsk]; en polaco: Witebsk; en yiddish: וויטעבסק), é unha cidade de Belarús. É a capital da Rexión de Viciebsk, en 2004 tiña 342 381 habitantes, facéndoa a cuarta cidade máis populosa do país. Está comunicada mediante o Aeroporto de Viciebsk Vostochny e a Base aérea de Viciebsk.

Modelo:Xeografía políticaViciebsk
Віцебск (be) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 55°11′N 30°10′L / 55.18, 30.17Coordenadas: 55°11′N 30°10′L / 55.18, 30.17
EstadoBelarús
Regiões da Bielorrússia (pt) TraducirVoblast de Viciebsk (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Voblast de Viciebsk (pt) Traducir (1938–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación358.395 (2024) Editar o valor em Wikidata (2.877,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie124,54 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Dviná Occidental Editar o valor em Wikidata
Altitude172 m-144 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación974 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoQ115715792 Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal210000–210999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico212 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Rēzekne
Bălţi (pt) Traducir
Nienburg/Weser
Harbin
Frankfurt (Oder) (1991–)
Daugavpils (1998–)
Zielona Góra (pt) Traducir (2002–)
Jinan (2009–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webvitebsk.gov.by Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Afiliacións históricas editar

Ao longo dos séculos, Viciebsk formou parte de diversos estados:

Desde a independencia de Belarús editar

En xaneiro de 1991, Viciebsk celebrou o primeiro Festival Marc Chagall e en xuño do ano seguinte construíuse un monumento ao pintor na súa rúa natal de Pokrovskaja, amais púxose unha inscición en memoria no muro da súa casa.

Dende 1992, Viciebsk foi fogar do anual Slavianski Bazaar, un festival de arte internacional. Os principais artistas son de Rusia, Belarús e Ucraína, con invitados doutros países, eslavos e non eslavos. Para este festival construíuse o Anfiteatro de Verán.

En 1999, estableceuse a zona de libre comercio "Vitebsk". Dende entón a cidade construíu un Pazo dos deportes de xeo, adeamis de reconstruír o estadio central, a estación de trens e outros lugares históricos, ademais de edificar novas igrexas.

Atraccións turísticas editar

 
Panorama de Viciebsk nun billete de 10.000 rublos belarusos

A cidade conservou durante moito tempo un dos edificios máis vellos do país, a Igrexa da Anunciación, edificio que se remonta ao período do Rus de Kíiv. Foi construído sobre o 1140, e recontruído nos séculos XIV e XVII, reparado en 1883 e destruído polo goberno comunista no 1961. Só se conservaban restos ata 1992, cando foi reconstruída a versión orixinal.

Tamén foron destruídas igrexas do perído polaco-lituano, aínda que a Igrexa da Resurrección (1772-77) foi reconstruída. A catedral Ortodoxa, adicada á Mediación do Theotokos, erixiuse en 1760.

Outras atraccións son o concello (1775); o pazo do gobernador ruso, onde Napoleón celebrou o seu 43º aniversario en 1812; a catedral católica neo-románica (1884-85); e un obelisco que conmemora o centenario da vitoria rusa sobre Napoleón.

Viciebsk é tamén a sede do Museo Marc Chagall e do Museo rexional de Viciebsk.

Educación editar

As principais universidades de Viciebsk son a Universidade Estatal de Tecnoloxía de Viciebsk, a Universidade Estatal de Saúde de Viciebsk e a Universidade Estatal Pyotr Masherov.

Clima editar

Datos climáticos para Viciebsk, Belarús
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C −2,9 −2,6 2,9 11,6 18,5 21,4 23,5 22,2 16,2 9,5 2,3 −2,0 10,1
Media mínima en °C −7,7 −8,5 −3,9 2,5 7,9 11,6 13,6 12,3 7,7 3,3 −1,9 −6,5 2,1
Precipitación media mm 38 31 36 40 56 77 95 78 65 52 53 44 665
Nevada media cm 15 19 14 0 0 0 0 0 0 0 2 9 59
Media de días con chuvia 8 6 9 13 16 17 17 14 16 17 14 10 161
Media de días con neve 17 16 10 2 0 0 0 0 0 2 9 15 71
Humidade relativa media (%) 85 81 76 67 66 72 73 75 80 83 87 87 77,7
Fonte: [1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Weatherbase". Weatherbase. Consultado o December 10, 2012.