Vicente del Bosque

futbolista e adestrador español

Vicente del Bosque González, nado en Salamanca o 23 de decembro de 1950, é un adestrador de fútbol e exfutbolista español, que xogaba de centrocampista. É o seleccionador da selección de fútbol de España desde xullo de 2008 ata agosto de 2016.

Infotaula de personaVicente del Bosque

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Vicente del Bosque Gonzalez Editar o valor em Wikidata
23 de decembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1967-1968 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 11(5)
1968-1984 Real Madrid Club de Fútbol 445(25)
1969-1970 Real Madrid Castilla Club de Fútbol 11(0)
1970-1971cesión Club Deportivo Castellón 13(4)
1971-1972cesión Córdoba Club de Fútbol 19(1)
1972-1973cesión Club Deportivo Castellón 30(5) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1969-1969   España sub-18 1(0)
1970-1976   España 3(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1987-1990 Real Madrid Castilla Club de Fútbol
1994-1994 Real Madrid Club de Fútbol (caretaker manager (en) Traducir)
1996-1996 Real Madrid Club de Fútbol (caretaker manager (en) Traducir)
1999-2003 Real Madrid Club de Fútbol
2004-2005 Beşiktaş JK
2008-2016   España Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980 Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMarquisate of Del Bosque (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3962883 FIFA: 48366 UEFA: 53485 Editar o valor em Wikidata

Os seus maiores éxitos na súa carreira deportiva como xogador foron cinco Ligas e catro Copas do Rei co Real Madrid. Como adestrador os maiores logros alcanzounos co Real Madrid e coa selección española, con dúas Ligas, dúas Ligas de Campións, unha Copa Intercontinental, dúas Eurocopas e unha Copa Mundial de Fútbol.

O 3 de febreiro de 2011, foille concedido polo rei Xoán Carlos I de España o título de primeiro "marqués de Del Bosque". O 1 de abril de 2011 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Castela-A Mancha recoñecendo tanto a súa valía persoal como traxectoria e palmarés deportivo.[1]

É o único adestrador que gañou a Copa Mundial de Fútbol (2010), a Eurocopa (2012) -coa selección- e a Liga de Campións da UEFA de clubs (neste caso dúas) -co Real Madrid-. E é o segundo adestrador en conseguir o dobrete Mundial e Eurocopa tras o seleccionador alemán Helmut Schön (gañador da Eurocopa de 1972 e do Mundial de 1974).[2]

Traxectoria como xogador editar

Vicente del Bosque xogou na posición de centrocampista un total de 441 partidos oficiais. Debutou no fútbol nacional nas filas do Club Deportivo Salmantino (filial da Unión Deportiva Salamanca), onde foi máximo goleador con só 17 anos.

Desenvolveu practicamente toda a súa posterior vida como xogador no Real Madrid, primeiro no Castilla, para pasar, tras un ano de cesión ao Córdoba Club de Fútbol e dous ao Club Deportivo Castellón, ao Real Madrid definitivamente, onde permaneceu como titular do primeiro equipo durante 11 tempadas, ata 1984, gañando con este último club cinco títulos de Liga e catro títulos de Copa do Rei. Destacou pola súa visión de xogo e a súa capacidade de organización.

Ademais foi internacional en 18 ocasións con España, xogando a Eurocopa de 1980. Marcou un gol.[3]

Traxectoria como adestrador editar

Real Madrid editar

Unha vez abandonada a práctica do fútbol, Vicente del Bosque incorporouse como técnico nas categorías inferiores do Real Madrid. En marzo de 1994, debutou como adestrador do primeiro equipo do Real Madrid tras a destitución de Benito Floro, pero só ocupou o posto un par de meses, volvendo logo ao seu traballo na canteira branca.[4] Da mesma forma, tras a destitución de Jorge Valdano dirixiu interinamente durante dous partidos ao primeiro equipo a principios de 1996, vencendo en San Mamés por 0-5 e no Estadio Carlos Tartiere ao Real Oviedo por 2-3, ata a contratación de Arsenio Iglesias.[5]

Finalmente, na tempada 1999/00, o club decidiu encargarlle de xeito estable a dirección do primeiro equipo en substitución de John Benjamin Toshack.[6] Durante os primeiros días do ano 2000, participou no primeiro Mundial de Clubs, logrando o cuarto posto ao perder nos tiros de penalti ante o Necaxa, equipo mexicano que conseguira a Copa de Campións da CONCACAF.

Pouco logo de conseguir a Liga de Campións de 2000, chegou á presidencia do club Florentino Pérez e comezou a coñecida como «Era Galáctica» do Real Madrid, ao incorporar a tres gañadores do Balón de Ouro como Luís Figo, Zinedine Zidane e Ronaldo.

Nas súas catro tempadas como adestrador do primeiro equipo, Del Bosque conseguiu en total dúas Champions League (2000 e 2002), dúas Ligas (2001 e 2003), unha Supercopa de España en 2001, unha Supercopa de Europa en 2002 e unha Copa Intercontinental en 2002.

En xuño de 2003, un día despois de que o Real Madrid conseguise o seu vixésimo noveno título de Liga, o club informou de que non se lle renovaría o contrato, que expiraba o 30 de xuño dese mesmo ano,[7] medida criticada polo adestrador.[8]

Beşiktaş e Cádiz editar

Na tempada 2004/2005, foi contratado polo Beşiktaş turco,[9] pero en plena tempada e cuns resultados non satisfactorios, o club decidiu prescindir dos seus servizos.[10]

En xuño de 2007, entrou a formar parte do organigrama técnico do Cádiz CF da man de Arturo Baldasano, cargo que abandonou aos poucos meses tras a marcha deste.[11]

Selección española editar

En xullo de 2008 confirmouse o seu nomeamento como seleccionador nacional español en substitución de Luis Aragonés,[12] debutando con vitoria por 0-3 o 20 de agosto de 2008 nun amigable fronte á Selección de Dinamarca.[13]

En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións, na que conseguiu o terceiro posto, tras vencer, na prórroga, a Suráfrica por 3-2 na final de consolación.[14]

Entre setembro de 2008 e outubro de 2009, conseguiu a clasificación de España para o Mundial de Suráfrica de 2010, gañando todos os partidos da fase clasificatoria.[15]

O 3 de xullo de 2010 a selección española conseguiu por primeira vez na súa historia o pase a unhas semifinais dun Campionato do Mundo de fútbol, ao vencer 1-0 a Paraguai. O 7 de xullo, alcanzou tamén por vez primeira a clasificación para unha final dun Campionato do Mundo, tras gañar 1-0 a Alemaña,[16] final que gañaría o día 11 de xullo por 1-0 aos Países Baixos.[17]

O 1 de xullo de 2012, apenas dous anos logo de facer historia gañando a Copa Mundial, conseguiu anotar un título máis no seu palmarés, levando á Selección de España á vitoria na Eurocopa fronte a Italia por 4-0, converténdose así no segundo adestrador na historia do fútbol en conseguir unha Eurocopa e un Mundial tras Helmut Schoën.

Palmarés editar

Xogador editar

Título Club País Ano
Copa do Rei Real Madrid   España 1973/74
Liga 1974/75
Copa do Rei 1974/75
Liga 1975/76
1977/78
1978/79
1979/80
Copa do Rei 1979/80
1981/82

Adestrador editar

Título Club País Ano
Liga de Campións da UEFA Real Madrid   España 1999/2000
Liga 2000/01
Supercopa de España 2001
Liga de Campións da UEFA 2001/02
Supercopa de Europa 2002
Copa Intercontinental 2002
Liga 2002/03
Copa Mundial de Fútbol Selección Española 2010
Eurocopa 2012

Condecoracións editar

Condecoración Ano
Gran Cruz da Real Orde do Mérito Deportivo[18] 2011
Orde ao Mérito Turístico 2011
Orde do Dous de Maio 2011

Vida persoal editar

O seu pai é Fermín del Bosque e a súa nai é María del Carmen González. Contraeu matrimonio con María de la Santísima Trinidad López e ten dous fillos e unha filla: Vicente, Gema e Álvaro.

Notas editar

  1. AS, ed. (2 de abril de 2011). "Del Bosque foi investido Doutor Honoris Causa". 
  2. De la Calle, Fermín (2 de xullo de 2012). "Vicente del Bosque iguala o 'dobrete' de Helmut Schoen". AS. 
  3. RTVE.es, ed. (15 de abril de 2010). "O único gol de Del Bosque coa 'Roja'". 
  4. "1994: Vicente del Bosque faise cargo do primeiro equipo". Consultado o 1 de maio de 2022. 
  5. Canal Athletic, ed. (16 de xaneiro de 2010). "Aquelas batallas en San Mamés". Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  6. Gálaz, Mábel (18 de novembro de 1999). El País.com, ed. "Del Bosque quedarase ata o final da tempada". Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  7. El Mundo, ed. (23 de xuño de 2003). "O Real Madrid non renova nin a Del Bosque nin a Hierro". Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  8. Marca, ed. (25 de febreiro de 2011). "Del Bosque: "No Madrid, no canto de afecto déronme paus"". 
  9. Ercan, Galip (9 de xuño de 2004). Mundo Deportivo, ed. "“En buyuk Besiktas”" (PDF). 
  10. El País, ed. (27 de xaneiro de 2005). "O Besiktas turco despide a Del Bosque". 
  11. Axencia EFE (20 de xuño de 2007). El País, ed. "Baldasano compra o Cádiz e pon á fronte a Del Bosque como director deportivo". Consultado o 22 de xuño de 2010. 
  12. E.Palacios/M.Bruña (16 de xullo de 2008). Mundo Deportivo, ed. "Del Bosque xa é o seleccionador" (PDF). 
  13. "Debut de Vicente del Bosque". 
  14. Villalobos, Fran (28 de xuño de 2009). "Simulacro de emerxencia superado". Marca. 
  15. AS (ed.). "Resultados da fase clasificación da zona europea para o Mundial 2010". Consultado o 19 de abril de 2010. 
  16. Palomar, Roberto (7 de xullo de 2010). Marca, ed. "A Roja firma un partido inesquecible". Consultado o 7 de xullo de 2010. 
  17. Bruña, Manel (12 de xullo de 2010). Mundo Deportivo, ed. "Del Bosque: “Esto es la leche”" (PDF). 
  18. Axencia EFE. sport.es, ed. "Del Bosque e Deferr, distinguidos coa Gran Cruz da Real Orden del Mérito Deportivo". Consultado o 23 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar