Vicente de Paúl, nado en Aquitania no ano 1581 e finado en París o 27 de setembro de 1660, é o fundador da Congregación da Misión e das Fillas da Caridade. É patrón das asociacións de Caridade.

Infotaula de personaVicente de Paúl

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Vincent de Paul Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1581 Editar o valor em Wikidata
Saint-Vincent-de-Paul (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de setembro de 1660 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
París (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Capelán
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toulouse (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , sacerdote Editar o valor em Wikidata
MovementoContrarreforma Editar o valor em Wikidata
AlumnosJean-Jacques Olier Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregación da Misión e Compañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de setembro Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalJean Coqueret (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Paul-2035 Find a Grave: 3233 Editar o valor em Wikidata
Reliquia.

Traxectoria editar

Nado no seo dunha familia labrega, adicouse na súa infancia a pastorear ovellas e coidar porcos. Aos 14 anos foi enviado ao colexio da orde franciscana de Dax onde recibe o impacto da vida urbana e comeza a avergoñarse das súas orixes e do seu pai, segundo el mesmo confesou máis tarde. Salientando nos estudos, pretende asegurarse unha próspera carreira eclesiástica e comeza a estudar Teoloxía. En 1600 é ordenado sacerdote. En 1604 obtén o doutoramento en Teoloxía desexando acadar a dignidade do bispado.

Nun traxecto de Marsella a Narbona é capturado por piratas e vendido como escravo en Tunisia. Non conseguiu a plena liberdade ata que regresou a París no ano 1608. Alí o amigo que o acolle acúsao de ladrón, imputación da que el non se defende. Exerce como párroco en Clichy la Garenne e o seu director espiritual, Bérulle, consegue que o nomeen preceptor da importante familia de Filipe Gondi, sobriño do arcebispo de París. Comeza unha vida palaciana e mol en Montmirail, Joigny, Folleville e na propia París. Porén, o contacto coa miseria material dos labregos imprime nel un xiro radical e abandona á familia dos Gondi.

Comeza a organizar axuda material ás familias campesiñas e crea as Confréries de Charité: irmandades para o exercicio da solidariedade cos desposuídos e marxinados. Para el a caridade é sinónimo de amor eficaz. Asemade, instálase como párroco en Chantillon-des-Dombes 1617. Conseguen, tras teimudos rogos, que volva como preceptor dos Gondi, pero agora xa non utilizará esa posición como escada social senón como base de influencia para a acción organizada a prol dos desfavorecidos. Comeza a poñer en marcha un carisma polifacético que ten como norte unha espiritualidade centrada na solidariedade: Os pobres son os nosos amos e señores. Os pobres xulgaranos. Considera que hai que darlle unha nova orientación ao sacerdocio: Hai dez mil sacerdotes en París, mentres que no campo os pobres sofren no medio dunha estarrecedora ignorancia. Non é lícito perderse en teorías, mentres moi preto hai nenos que necesitan para subsistir un vaso de leite. Comeza a concibir a Congregación da Misión cuxa casa nai será a leprosería de San Saint Lazare (de aí o apelativo de Lazaristas), pero en Roma se lle nega por dúas veces a aprobación.

Francisco de Sales pídelle que se encargue da capelanía da Orde da Visitación, unha congregación de monxas que saen do convento e acoden a coidar enfermos, apestados e moribundos.

En 1619 é nomeado Capelán xeral de galeras. Vicente de Paúl fica estarrecido coa situación calamitosa dos galeotes, maltratados e explotados. Acode a visitalos e atendelos persoalmente de incógnito e obtén de Gondi un trato máis humano.

En 1618, comezou a Guerra dos Trinta Anos e a devastación asolou Europa; Vicente de Paúl decidiu organizar a atención aos feridos, amputados, arruinados e esfameados pola guerra. Tras décadas de esforzos, en 1640 dirixiuse ao propio Cardeal Richelieu, o dominador da política francesa, esixindo o fin dos enfrontamentos bélicos.

En 1629, encomendoulle a Luísa de Marillac a organización do que foi a orde das Fillas da Caridade, encargándolle que aprendan o coidado dos enfermos, que acollan os bebés expostos e os nenos abandonados, atendan os presidiarios e os tolos e aprendan a administrarse por si mesmas. Non terán hábito, nin veo, nin votos solemnes, o que o puxo en contra de elementos da xerarquía eclesial. Vicente de Paúl, determinado na súa concepción novidosa e naquel momento escandalosa para un grupo de mulleres, expresou que terán por mosteiro as casas dos doentes, por cela, un cuarto alugado, por capela, a igrexa parroquial, por claustro, as rúas da cidade.

En 1633, chegou por fin a aprobación de Roma á Congregación da Misión.

En 1649 emprendeu xestións urxentes ante a raíña Ana de Austria e o Cardeal Mazarino a fin de promover a paz.

En 1659 as súas misións están espalladas por Europa, o norte de África e Madagascar. Preocupado polos efectos nocivos do éxito, escribe as súas consideracións sobre a humildade como primeira cualidade do sacerdote en Misión.

En 1660 vese obrigado a gardar cama con chagas nas pernas e impelido a permanecer inmóbil. Así ata a súa morte en Saint-Lazare cos pobres que a súa congregación atendía.

Significación editar

Foi canonizado polo Papa Clemente XII, o 16 de xuño de 1737. O Papa León XIII proclamouno patrón das asociacións de caridade. A súa celebración é o 27 de setembro, data do seu pasamento. O seu corpo incorrupto é venerado na igrexa de San Vicente de Paúl en París. As Conferencias de San Vicente de Paúl están hoxe en día presentes nos cinco continentes. As Fillas da Caridade son máis de 30.000 e contan con máis de 3.000 casas en todo o mundo onde coidan doentes, marxinados e nenos abandonados. Obtiveron o Premio Príncipe de Asturias no ano 2005.