Vicente Gómez Umpiérrez

futbolista español

Vicente Gómez Umpiérrez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 31 de agosto de 1988, é un exfutbolista español, que xogaba de centrocampista defensivo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira na UD Las Palmas, coa que disputou un total de 242 partidos en oito tempadas.

Vicente Gómez
Información persoal
Nome Vicente Gómez Umpiérrez
Nacemento 31 de agosto de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 1,87 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Huracán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Huracán
2009–2010 Las Palmas Atlético 28 (1)
2010–2018 Las Palmas 223 (13)
2018–2020 Deportivo da Coruña 59 (0)
2020–2021 Kerala Blasters 19 (2)
2021–2022 Xanthi 28 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Huracán, da súa cidade natal, As Palmas.[1] Na tempada 2007/08 debutou co primeiro equipo na Rexional Preferente, logrando ese mesmo ano o ascenso á Terceira División.[2] En 2009 ingresou na UD Las Palmas, e aínda que inicialmente contaba con ficha do equipo C, disputou a tempada 2009/10 co Las Palmas Atlético en Terceira, compartindo equipo con Jonathan Viera, Juanpe ou Vitolo entre outros.[2]

Na tempada 2010/11 os catro subiron ao primeiro equipo, co que Vicente debutou nun partido da Copa do Rei ante o Valladolid. no que substituíu na segunda metade a Jorge Larena. Marcou o segundo gol canario naquel partido, aínda que o seu equipo acabou perdendo por 5-3.[3] Xogou un total de oito tempadas no primeiro equipo amarelo, conseguindo o ascenso á Primeira División na 2014/15. Debutou na máxima categoría na xornada inaugural da tempada 2015/16, nunha derrota pola mínima ante o Atlético de Madrid no antigo Vicente Calderón, saltando ao terreo de xogo na segunda parte no lugar de Hernán.[4]

En agosto de 2018, despois do descenso a Segunda, deixou a UD Las Palmas e fichou polo Deportivo da Coruña, que tamén acababa de baixar á división de prata. O seu balance no club canario foi de 242 partidos oficiais e 15 goles.

O seu traspaso pechouse nunha cantidade superior ao medio millón de euros e asinou un contrato por tres tempadas.[5][6] O seu debut produciuse na segunda xornada da tempada 2018/19, xogando como titular nunha vitoria a domicilio fronte o Extremadura UD (0-1). Disputou un total de 34 partidos durante a campaña, 24 deles como titular, e participou nos catro encontros da promoción de ascenso, onde o seu equipo acabou caendo na final ante o Mallorca.[7] A súa participación diminuíu na seguinte campaña, disputando 26 partidos, con 15 titularidades, nunha nefasta tempada do Deportivo, que consumou o descenso á Segunda División B por segunda vez na súa historia.

En setembro de 2020 mudouse á India, onde asinou como novo xogador do Kerala Blasters, da Superliga do país asiático.[8] No club de Kochi coincidiu con outros xogadores estranxeiros como Bakary Koné, Gary Hooper ou os españois Juande e Sergio Cidoncha, rematando a liga na penúltima posición. Para a seguinte tempada regresou a Europa, fichando polo Xanthi, da segunda división grega, co que disputou 31 partidos, marcando 4 goles.

En xaneiro de 2023, despois de varios meses sen equipo, anunciou a súa retirada definitiva dos campos de fútbol, incorporándose como observador ao Las Palmas.[9]

Notas editar

  1. "Vicente Gómez y su emotivo momento en la Naciente" (en castelán). 14 de outubro de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Marrero, Javier (22 de xuño de 2010). "Jonathan Viera, Juanpe, Vicente Gómez y Vitolo son los elegidos" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  3. "Valladolid 5-3 Las Palmas". BDFutbol (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  4. "Atlético de Madrid 1-0 Las Palmas". BDFutbol (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  5. "Vicente Gómez novo xogador do Dépor 2018-2019". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2018. 
  6. "El Deportivo cierra el traspaso de Vicente Gómez". As. 17 de agosto de 2018.  (en castelán)
  7. Lema, Jorge (24 de xuño de 2019). "Mal de altura" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  8. "El Kerala Blasters, destino de Vicente Gómez". eldiario.es (en castelán). 23 de setembro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  9. Rodríguez, David (31 de xaneiro de 2023). "Vicente y su adiós definitivo" (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar