Vicente Gómez García

político galego

Vicente Gómez García, nado en Nocedo do Val (Castrelo do Val) en 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaVicente Gómez García
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Castrelo do Val, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castrelo do Val Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballador do sector da construción e membro de UXT. Foi concelleiro do PSdeG-PSOE en Verín trala renuncia dun compañeiro en marzo de 1989. Continuou como concelleiro tralas municipais de 1991, e en outubro de 1991 pasou a ser concelleiro de obras e urbanismo, tras apoiar o PSdeG unha moción de censura que fixo alcalde a Emilio González Afonso. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Verín e pasou á oposición tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta.

En 1999 concorreu como número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE en Castrelo do Val, pasando a ser primeiro tenente de alcalde. En setembro de 2005 foi elixido alcalde, trala dimisión do rexedor Raúl Fernández Fernández tras ser designado Delegado provincial da Consellería de Política Territorial. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castrelo do Val e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, e nese último ano foi designado deputado provincial. Revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta tralas municipais de 2019 e 2023.


Predecesor:
Raúl Fernández Fernández
  
Alcalde de Castrelo do Val
 
2005 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar