Vicente Ferrer

misioneiro laico español

Vicente Ferrer i Moncho, nado en Barcelona o 5 de maio de 1920 e finado en Anantapur, Andhra Pradesh (India), o 19 de xuño de 2009, foi un misioneiro laico español, considerado unha das persoas máis activas na axuda, solidariedade e cooperación coas persoas desfavorecidas nos países máis empobrecidos do mundo. A súa actividade desenvolveuse principalmente na India, onde chegou en 1952 como misioneiro xesuíta.

Infotaula de personaVicente Ferrer
Biografía
Nacemento9 de abril de 1920 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 2009 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Anantapur, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947)
España Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro , filántropo , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Ferrer (1970–) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Infancia e mocidade editar

Na súa xuventude afiliouse ó POUM e ós 16 anos foi chamado ás filas, durante a guerra civil española. Participou na batalla do Ebro (1938) e na retirada do exército republicano a Francia despois da caída da fronte de Cataluña. Foi brevemente internado no campo de concentración de Agelès-sur-Mer. Ó non ter cometido delitos, optou por volver a España, sendo entregado polas autoridades francesas ás franquistas en Hendaia e internado no campo de concentración de Betanzos en 1939.

Foi finalmente liberado pero tivo que cumprir de novo o servizo militar. Puido licenciarse despois de sete anos de mobilización contando os anos da guerra, reclusión e novo servizo militar. En 1944 abandonou os seus estudos de Dereito e ingresou na Compañía de Xesús [1].

Misioneiro editar

En 1970 deixou a Compañía de Xesús, casou coa periodista inglesa Anne Perry e fundou a organización Rural Development Trust (Fondo de Desenvolvemento Rural). Dende o principio do seu labor despertou grandes simpatías entre os campesiños indios, pero non entre as clases dirixentes, económicas e políticas, que vían no seu labor unha ameaza. Aínda así puido seguir adiante cos seus proxectos grazas ó apoio de Indira Gāndhi, que sempre recoñeceu o seu labor.

Dende 1996 conta coa súa propia fundación, a Fundación Vicente Ferrer, a través da cal organiza toda a súa actividade.

Distincións recibidas editar

Notas editar

  1. Un recluso en Betanzos, chamado Vicente Ferrer
  2. "Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1998". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar