Vicente Cervera Llorga

futbolista español

Vicente Cervera Llorga, nado en La Vila Joiosa (Alacant) o 24 de maio de 1945, é un exfutbolista galego. Xogaba de interior.

Cervera
Información persoal
Nome Vicente Cervera Llorga
Nacemento 24 de maio de 1945
Lugar de nacemento Melilla
Altura 1,72 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Villajoyosa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1966 Alicante
1966–1968 Hércules 35 (3)
1968–1974 Deportivo da Coruña 137 (19)
1975 Alavés 12 (2)
Adestrador
1987–1988 Benidorm
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse no equipo xuvenil do Villajoyosa, pasando logo ao Alicante, da Terceira División.[1] En 1966 fichou polo Hércules, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Pontevedra no campo de La Viña. Xogou 40 partidos co club alacantino nos seguintes dous anos, nos que descendeu dúas veces seguidas, ata a Terceira División.

En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña,[1] club no que xogou durante seis campañas, disputando 156 partidos e marcando 21 goles. Viviu co equipo galego tres descensos de categoría e un ascenso a Primeira con Arsenio no banco. Deixou o Deportivo en xuño de 1974, tralo descenso a Terceira División, e sete meses despois asinou co Deportivo Alavés, de Segunda, onde rematou a súa carreira.[2]

Trala súa retirada foi segundo adestrador de Arsenio no Deportivo e dirixiu o Benidorm en Segunda División B.[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Cervera fichó por el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 1968. p. 11. 
  2. "Cervera y López al Alavés". El Pueblo Gallego (en castelán) (18628). 26 de xaneiro de 1975. p. 17. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  3. "Temporada 1982-1983". Deportivo da Coruña. Consultado o 15 de decembro de 2021. 
  4. "Medio siglo del estratega Arsenio". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar