Vicente Álvarez Núñez

futbolista español

Vicente Luis Álvarez Núñez, nado en Ourense o 30 de abril de 1960, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Infotaula de personaVicente Álvarez Núñez
Biografía
Nacemento30 de abril de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata - 1996 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vicente Álvarez naceu no barrio ourensán de San Francisco. Iniciouse como líbero nas categorías inferiores do CD Ourense. Fichou polo RC Celta mediada a temporada 1979-80. En parte, a súa fichaxe debeuse á normativa da segunda división, que obrigaba a a aliñar de inicio a dous xogadores menores de 20 anos. Esa tempada o Celta descendeu a Segunda B, xogando Vicente 14 encontros.

En outubro de 1981 comezou o Servizo Militar. Na tempada 1982-83 xogou cedido no Racing de Ferrol. Na 1983-84 xogou 19 encontros co Celta, e o ano seguinte o equipo ascendeu a Primeira División, xogando Vicente 16 partidos.

Debutou na máxima categoría en Balaídos o 6 de outubro de 1985 perdendo 1-2 contra o Real Zaragoza substituíndo na segunda parte a Lema. Marcou o seu primeiro gol oficial co Celta 13 días despois, tamén en Balaídos, ante o CA Osasuna, encontro resolto con vitoria celeste por 2-0.

Logo de varios anos de ascensos e descensos nos que pasou 5 veces por quirófano, o 20 de abril de 1994 disputou como titular a final da Copa do Rei no Estadio Vicente Calderón contra o Zaragoza, con derrota celeste nos penaltis.

Despois de 16 tempadas no club Vicente xogou o seu último partido co Celta o 25 de maio de 1996, fronte ao Valencia. A tempada seguinte xogouse en Balaídos un partido de homenaxe contra o Club Deportivo Tenerife, no que o presidente Horacio Gómez lle impuxo a insignia de ouro e brillantes.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar