Viaxe interestelar

Coñécese co nome de viaxe interestelar unha viaxe tripulada ou non tripulada entre estrelas. Este é un concepto básico dentro da ciencia ficción, pero na práctica, a viaxe interestelar é moito máis difícil que a viaxe interplanetaria debido a que as distancias implicadas son enormemente maiores (da orde do ano luz). Pola mesma razón a viaxe intergaláctica é aínda máis complicado.

A verosimilitude da viaxe interestelar foi debatida arduamente por varios científicos, autores de ciencia ficción e entusiastas. Neste sentido, publicáronse moitos traballos sobre conceptos relacionados. Dados un tempo de viaxe suficiente e un traballo de enxeñaría, parecen posíbeis tanto viaxes non-tripuladas como viaxes xeracionais, aínda que representan un considerábel reto tanto tecnolóxico como económico difícil de acadar, en concreto para sondas tripuladas. A NASA estivo investigando nestes temas durante anos, e acumulou unha serie de aproximacións teóricas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar