O viño xeneroso,[1] ou fortalecido ou fortificado, é aquel viño que, no seu proceso de elaboración, incorpora procesos especiais para aumentar a súa estabilidade e aumentar a súa graduación alcohólica, sen perder por iso a súa condición de derivado natural da uva. Trátase exactamente dun viño seco, abocado ou doce ao que se lle engadiu alcohol vínico ou viño doce natural, resultando unha graduación alcohólica comprendida entre 14° e 23°.

Viño de Madeira.

Este tipo de viños naceu nos séculos XVI e XVII, como resultado da investigación de métodos para preservar o viño contra as condicións prexudiciais que implicaba o seu transporte, dende os países europeos produtores até os consumidores.

A técnica máis común para fortificar o viño consiste en engadir brandy durante ou antes do proceso de fermentación, resultando un viño de maior graduación alcohólica (17 a 25 graos Gay Lussac), de maior textura e sabores máis fortes. Xeralmente, este tipo de viños son máis doces debido aos azucres que non conseguiron fermentarse. Tamén ten maior estabilidade: unha vez aberta unha botella de viño fortificado, esta pode durar varios meses sen perder as súas propiedades ao gusto.

Viños xenerosos coñecidos son o xerez (España); o porto e o madeira (Portugal); ou o viño de Marsala (Italia).

Notas editar

  1. González González, Manuel (coord.) (2012). Dicionario de alimentación e restauración (PDF). CRPIH. p. 247. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar